Bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
8.5.11
Audiobiografía de Lois
Para ir coñecendo a este poeta raro, punk, que nunca soñou con seren celebrado nun Día das Letras, aí queda a audiobiografía elaborada por Mar Sueiro.
O debuxo é da Casa do Aquel
Este e os outros materiais que seleccionamos para traballar ó poeta están nesta páxina
29.4.11
Lingua minoritaria?
Gustoume esta montaxe sobre o idioma.
Porque, ás veces, damos por bos argumentos que non osn certos.
Canto me gustan as Matemáticas!
Entre outras cousas porque confiamos nos números. E, os números... non son nada inocentes.
O dito: aí queda por se a alguén lle cómpren argumentos.
28.4.11
Eu falo galego
Velaí o traballo co que o IES Fontealbei gañou o concurso de video Correlingua 2011.
Parabéns a eses rapaces e rapazas que son conscientes da súa cultura, do seu patrimonio e da súa identidades.
A que xa extás a pensar por que o falas ti?
14.4.11
Páxina de recursos sobre Lois Pereiro
31.3.11
Quen o vai correxir?
Unha vez máis. Pero... ¿non se fartan nunca de faltarnos ó respeto?
O comentario ven a conto dunha declaracións feitas polo ex-presidente do goberno de España José Mª Aznar a Veo 7, unha cadea de tv privada.
Enlazamos as declaracións para que non pareza que inventamos as súas palabras ou as interpretamos.
Habería que comezar a facer uso da boa educación e deixar de lado as procedencias de nacemento porque, con esa vara de medir aquí poderiamos concluir que tódolos vallisoletanos son coma o Sr. Aznar.
E sabemos que iso non é así.
Así que, unha vez máis agardamos desculpas e explicacións. E seguimos agardando o uso de motivos, argumentos, razonamentos... e todo canto contribúa a defender as propias ideas de forma intelixente. Sen recurrir seguido á descalificación e ó insulto.
A foto procede de AQUÍ
27.3.11
23.3.11
Lois Pereiro II
De novo da man dos compañeiros de Rois e da Baña, un achegamento a Pereiro.
Desta volta, diferentes figuras da cultura galega dannos a súa visión sobre o poeta: incisivo, agudo, demorado, terapéutico, sensible, estudoso, culto, falador, sarcático, irónico, observador, tímido, magnético, observador...
Estes son algúns dos calificativos que lle adican á súa persoa.
21.3.11
Lois Pereiro III
Onde seu irmán explica a importancia de escribir en galego e como, en Lois, esta foi unha opción consciente e natural.
Lois Pereiro I
Comezamos hoxe a publicación dunha serie de videos sobre Lois Pereiro, poeta ó que se lle adica este ano o Día dqs Letras.
Tentaremos, pois, irnos achegando á súa figura e á súa obra.
Nesta ocasión, ofrecemos unha achega feita polos compañeiros/as do CPI de Dices-Rois.
16.3.11
Lingua Galega Televisión
Sáudamos con ledicia a chegada á rede.
Nós coñecemola da man de Isa, e agora xa non lle perderemos a pista.
22.2.11
Entroido

Xa está a chegar. E nós, aprepararnos para festexar.
A CGENDL ven de facer unha completísima páxina de recursos para este traballo. Se premes sobre a imaxe, poderás acceder a ela.
O Entroido en Malpica ten as súas propias manifestacións das que fixemos unha publicación na Galipedia hai dous cursos cos nenos e nenas que estaban en 6º.
Con esto temos abondo para comezar o traballo.
20.1.11
O senado fala galego
A partires do pasado martes xa é realidade o compromiso constitucional de visibilizar TÓDALAS LINGUAS COOFICIAIS no Estado Español.
Así é: a cámara alta da democracia española, posúe xa os mecanismos precisos para que tódolos senadores se expresen na lingua que lles é propia, é dicir, a dos territorios ós que representan.
É unha magnífica noticia que complace a todos e todas e normaliza o que nas rúas xa é normal.
Non esquecemos algunhas voces que se alzáron en contra desta medida pero non son preocupantes xa que corresponden coas habituais posturas intransixentes de algúns senadores. Quenes así se expresaron alegaron que se trata dunha medida cara para as arcas do estado. Bueno... se hay que aforrar... non se entenden despilfarros coma este. Por poñer un exemplo.
O debuxio atopámolo AQUÍ
20.12.10
Feliz 2011
Esta felicitación, feita por Nuria e Antía de 6ºB, é o noso agasallo para estas festas.
Con ela desexamos o millor a tódolos nosos lectores e lectoras para o vindeiro 2011.
Feliz 2011
17.12.10
Guia Nadal 2010
Hoxe chegará a tódalas familias esta nosa guía deste ano.
Veredes que non é exactamente unha guía de lecturas, tal e como é o noso hábito.
Nesta ocasión decidimos ofrecervos un surtido de xogos, karaokes, música... para disfrutar en familia, para pasalo ben.
Tódolos materiais que propoñemos están en galego, fundamentalmente para compensar os catálogos de agasallos das grandes superficies que non ofertan ningún producto con esta característica.
Humildemente facemos a nosa aportación. Porque , habelos...hainos!
E aí están.
Que teñades unhas festas tranquilas e cheas de risas e bos momentos en familia.
11.12.10
Contoplanet
O día 5 deste mes comezou a estar dispoñible na AppStore a aplicación Contoplanet que supón a posibilidade de descargar cinco contos en galego do catálogo da Editorial Galaxia para iPad e iPhone.
O arranque ten sido realmente espectacular, pois durante a ponte da Constitución, a aplicación xa fora descargada en máis de trinta e cinco países, sendo o estado español e os Estados Unidos, onde máis se producira a descarga do conto de Fina Casalderrey, ‘Puag, que noxo!’ polo de agora único conto dispoñible aínda que, cada dúas semanas, irá subíndose outro ata completar os cinco primeiros desta foranda.
Os datos referidos á ponte da Constitución, amosaron que a aplicación foi descargada nas primeiras horas máis de 500 veces colocándose na AppStore española no ‘top 2o’ na categoría de libros, ademáis de ter sido mencionados como “contido novo digno de destacar” polos xestores da store. Sen dúbida, un arranque espectacular para un produto editorial que leva o galego ao século XXI.
10.12.10
Recursos CGEDNL

Premendo sobre a imaxe accederás á páxina de recursos para o Nadal elaborada pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Linguística
Nela topredes de todo: cancións, refráns, lecturas, teatro....
Pois alá... ¡a disfrutar!
11.5.10
Novo ataque á Lingua
Carme Adán advirte de que coa nova Orde de Bibliotecas Escolares pásase de que, como mínimo, o 50% das adquisicións sexan de libros en galego a establecer que se debe guiar pola multiculturalidade do centro.
A portavoz de Educación do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, criticou hoxe que a Consellaría de Educación agasalle a Galiza na semana das Letras Galegas cunha nova medida no Plano de Bibliotecas Escolares que reduce a presenza do libro en galego.
Durante a comparecencia esta mañá do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no Pleno da Cámara galega a deputada do BNG reprochoulle que o agasallo do Goberno do PP na Semana das Letras Galegas sexa a decisión na nova Orde de Bibliotecas Escolares de pasar de que, como mínimo, o 50% das adquisicións sexan de libros en galego, a establecer que se debe guiar por un vago criterio de multiculturalismo do centro.
Carme Adán criticou que a fobia do Goberno do PP contra o galego chegase até este estremo, máxime cando os últimos datos revelan que só 4,3 dos libros que se mercan en Galiza son en galego, mentres que o 91% das compras de libros son en castelán. Non hai ningún compromiso concreto da Consellaría coas Bibliotecas escolares. Por outra parte, a deputada nacionalista criticou que o Plan presentado hoxe polo Conselleiro de Educación é apenas un conxunto de xeneralidades, que non contemplan ningunha medida concreta de apoio ás Bibliotecas Escolares de Galiza, nin dende o punto de vista lexislativo nin de apoio dotacional.
Carme Adán lembrou que se as bibliotecas escolares de Galiza son modélicas no Estado, é polo esforzo e voluntarismo do profesorado, que lle dedican horas fóra do seu horario laboral. Neste sentido, a deputada do BNG criticou que o Plan de Bibliotecas Escolares 2010-2015 a parte de non concretar orzamentos, non regula as bibliotecas e escolares e o persoal que as atende dende o punto de vista normativo, nin tampouco se apoia a dotación destes centros para adquirir fondos e mellorar as instalacións.
Por último, a parlamentaria nacionalista asegurou que o conselleiro de Educación veu hoxe facerse unha foto ao Parlamento cun plan propagandístico, que choca coa realidade da redución dos fondos para as bibliotecas a Consellaría de Cultura destinou un 60% menos para o equipamento das bibliotecas municipais, con que non se fixo ningunha medida no Ano da Lectura ou coa privatización do ensino público.
Resumo da intervención do Conselleiro
6.5.10
Novoneyra e a literatura infantil
Nesta ocasi´´on non sabemos a quen darlle as grazas por este caderno no que se resume o contido dos tres libros que Novoneyra escribiu para nenos e nenas.
Parecenos un documento interesante que deixamos a vosa disposicion.
3.5.10
Orgullosos do Galego
Sigue adiante a campaña da Coordinadora Galega de ENDL. Unha campaña que nos gusta especialmente porque ´´e moi positiva.
Na mesma p´´axina tendes moitos outros mateirais (cartaces, autocolantes...)
17.4.10
Uxío
Elaboramos xa unha páxina con diferentes materiais para traballar a figura de Novoneyra desde a aula que está enlazada no blog da biblio .
Preme sobre ela para acceder a eles. E, mentras tanto, deleitate con estes poemas.
Beleza.

