Este é o espazo do EDL do CEIP Milladoiro de Malpica. Nel iremos dando conta do noso traballo encol da Dinamización Lingüística e... as cousas que lle andan darredor.
22.6.21
11.6.21
Kalandraka TV_Experiencias lectoras: CEIP Milladoiro
O pasado mes de abril recibimos, encantad@s, a visita do equipo de Kalandraka que nos fixeron entrega de agasallos lectores a tod@s e gravaron o noso proxecto de colexio, de Biblioteca.
Despois do traballo de edición, o resultado final publicáronno hoxe na súa páxina web á que podedes acceder premendo na imaxe.
Agradecer a Ricardo, Bea e Sagüillo como representantes da visita a súa amabilidade e bo facer.
Un agasallo, na recta final dun difícil curso escolar, EXTRAordinario!
Seguiremos creando experiencias lectoras, experiencias de vida xunt@s!
9.6.21
Este verán...PASA PÁXINA!
Presentamos a nosa guía de lecturas recomendadas para este verán, tríptico que entregaremos a todos/as o último día lectivo xunto cunha nova edición da nosa revista escolar DígochoEu!
Este verán...PASA PÁXINA!