15.12.20

Guía de Agasallos de Nadal 2020

Un curso máis, a nosa guía de agasallos de Nadal 2020 para ler, cantar, bailar, INCLUÍR...porque a DIVERSIDADE de MUNDOS LECTORES enriquécenos como persoas para seguir construíndo un mundo mellor.
Por un nadal lector cheo de agasallos diversos!

21.11.20

Premio da Crítica de Galicia: GCiencia

Imaxe de https://www.gciencia.com/

O portal web GCiencia, xornalismo e divulgación, gaña o Premio da Crítica de Galicia 2020 na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas. 

Picando na imaxe accederedes á boa nova.

A nosa máis sincera noraboa ao equipo humano que conforma GCiencia, un premio máis que merecido á divulgación científica e na nosa lingua o cal celebramos neste mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

17.11.20

Premio Nacional: Xavier Senín

 Fco. Xavier Senín Fernández, filólogo galego e membro da RAG dende o pasado mes de outubro, vén de recibir o Premio Nacional á Obra dun Tradutor concedido polo Ministerio de Cultura.

Grazas ao traballo de Senín, en solitario ou en colaboración, temos obras clásicas e contemporáneas na nosa lingua. Picando na súa imaxe accederedes ao artigo publicado por nosdiario.gal no que sinala o reto que supuxo traducir os Astérix.



Picando na seguinte imaxe accederedes ao catálogo da nosa BE cos títulos dispoñibles dos Astérix e ubicados na sección comiteca.





"Nos anos 80 precisábase moita obra infantil en galego", palabras de Senín. E...

seguimos a precisala para dar de ler, dar de falar, dar de comer na nosa lingua, tal e como claramente transmite o cadro "Papiñas de leite", acrílico do 2013 de Viki Rivadulla.

31.10.20

Rememoramos Letras Galegas 2020

No día de onte a Real Academia Galega voltou adiar o pleno Letras Galegas 2020 adicado a Ricardo Carvalho Calero, que se celebraría no día de hoxe, por mór do agravamento da pandemia e as restricións impostas polas autoridades.

Queremos nesta entrada enviar unha mensaxe de ánimo e esperanza, como xa o fixemos en confinamento cando celebramos as nosas Letras Galegas coa colaboración de toda a nosa comunidade educativa.

Rememoramos a entrada publicada o 24 de maio de 2020 no blog da nosa BE en pleno confinamento:

Letras Galegas confinad@s: caligramas e podcasts

Celebramos estas Letras Galegas confinad@s, homenaxeando a varios/as autores/as galegos/as.
No noso blog Dígochoeu recóllense diferentes recursos sobre o autor homenaxeado este 2020: Ricardo Carvalho Calero.
Na proposta Leo, leo...ti les?, creación de podcasts dentro do programa Festexamos de Radio Balea que se atopan aloxados no reproductor da columna dereita deste blog, cada ciclo elexiu un autor/a galego/a ao que rendir homenaxe: Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Neira Vilas e Manuel María.
Na proposta caligramas, a  partir do poema O arco da vella de Manuel María recitado pola profe Vanessa para o programa Festexamos de Radio Balea,  o alumnado creou uns fermosos caligramas que titulamos "Cores e Letras".
O arco da vella, símbolo de esperanza durante esta pandemia, cheo de cores e Letras Galegas.  Presentamos o vídeo-resumo dos marabillosos produtos finais creados en familia.
Parabéns e grazas polo voso esforzo diario, que a creatividade non deixe de medrar dende as nosas casas para todos e todas nas ondas de Radio Balea e nas bitácoras do noso colexio.

13.5.20

Día das Letras


Queremos Galego, plataforma cidadá conformada por colectivos de diferentes ámbitos a prol da nos lingua anima a toda a poboación a participar o vindeiro 17 de maio nun acto de reividicación dende as nosas xanelas e varandas baixo o lema: 

Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión.

Pica na imaxe para obter máis información





9.5.20

Liña do tempo Carvalho Calero

Esta é a liña do tempo de D, Ricardo. Con ela, será máis doado facernos unha idea de como foi a súa vida.

O misterio da casa de Carvalho Calero

Atréveste? Se antes les algo sobre D. Ricardo, será maís doado xogar.

7.5.20

Letras Galegas 2020

Repositorio de recursos no portal de Bibliotecas Escolares.

Picade na imaxe para acceder.


Escape room Letras Galegas

A profesora Patricia Sánchez Lamas achéganos esta actividade.

Telexornal Carbalho Calero

Vaise achegando o tempo das Letras e con el, aportacións que xa se convertiron en tradicionais dentro do mundo das Bibliotecas Escolares de Galicia.

 Así sucede co telexornal que cada ano nos achegan os compañeiros do cole dos Dices en Rois.

Un achegamento á figura homenaxeada este ano: D. Ricardo Carbalho Calero

26.3.20

AULAS GALEGAS

O equipo de Dinamización da Lingua Galega recomenda que visitedes nestes días de confinamento o portal educativo Aulas Galegas onde atoparedes multitude de recursos, materiais e outras actividades en lingua galega.

ESTAMOS NA CASA PERO NON ESTAMOS PARADOS! Dinos Pilar Ponte no vídeo presentación deste proxecto. Certo! Agardamos que esteades aproveitando moito o tempo libre.

Saúdos agarimosos,

(Tendes na imaxe a ligazón)




2.3.20

Día de Rosalía

O pasado venres celebramos o Día de Rosalía cunha longa mesa cargada de "libros migratorios" e unha cesta chea de marcapáxinas que o alumnado encheu de cor para compartir entre iguais.
Cada alumno/a elexiu o libro que con el/a migraba e un marcapáxinas de Rosalía.
Fermosa actividade, encantounos!
Podedes ver as imaxes do día premendo no seguinte enlace:

Día de Rosalía 2020





19.2.20

Día de Rosalía


Achégase o 24 de Febreiro e a Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha o " Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Así que, xa sabedes! Nestes días de entroido podemos preparar un caldiño e acompañalo coa poesía da nosa Rosalía.


Caldo de Gloria

7.2.20

VACINAS DO BO TRATO

Con motivo da celebración do Día Escolar pola Paz e a non violencia e do noso Proxecto sobre a Ciencia, elaboramos este Vademecum con vacinas para conseguir o mellor dos tratos posibles. Pensamos no que nos incomoda, nas relacións que establecemos e inventamos vacinas para protexernos e ... vivir en PAZ. Mirade canta marabilla!