Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas

15.5.26

Malpica nun mar de letras: Chaves invisibles

 

No día de hoxe, o alumnado de primaria asistiu, no Centro Cívico e Cultural de Malpica, a unha actividade ofertada polo Concello dentro da súa programación Malpica nun mar de letras.

O espectáculo Chaves invisibles é unha homenaxe a Begoña Caamaño, que da man de Vero Rilo e Luís Iglesias convida e entrar no universo literario, mediante a música en directo, da homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2026.

Agradecid@s ao Concello por achegarnos, un curso máis, cultura na nosa lingua.

12.5.25

Coa pandeireta na man


Peques e maiores divertímonos no Centro Cívico, grazas ao Concello de Malpica, coa música tradicional da man de María Faltri (voz e pandeireta) e Berto Rodríguez (guitarra): "Coa pandeireta na man".

Actuación activa que contou coa colaboración do alumnado, coas cunchas e o baile, para homenaxear as nosas cantareiras e pandeireteiras, a importancia da tradición oral.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Agradecid@s, un curso máis, ao Concello por achegarnos cultura dentro do seu programa "Malpica nun mar de Letras" e os agasallos, en forma de chapas, a tod@s.

16.5.23

Mes das Letras: "A viaxe feliz de Ramón Sanfiz"



A Concellaría de Cultura convidou aos centros educativos do noso concello a unha obra de teatro no Auditorio do Centro Cívico, dentro do seu programa "Malpica nun mar de Letras".

"A viaxe feliz de Ramón Sanfiz" de Fantoches Bj foi a peza que nos levou de viaxe por Galicia. Un teatro itinerante: triciclo, títeres, instrumentos musicais, kamishibai... para homenaxear e achegar a nenas e nenos a obra de Francisco Fernández del Riego.

Agradecemos ao Concello o convite cultural que tan ben acae no noso Mes das Letras.

5.5.22

Concerto de Lydia Botana

No día de onte, o alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de Primaria desfrutou do concerto de Lydia Botana grazas a Concellería de Educación e Cultura do Concello de Malpica dentro do seu programa de actividades "Malpica nun mar de Letras 2022"

Lydia presentou o seu traballo "De aquí para alá" onde @s nen@s acompañaron a unha bolboreta na súa viaxe arredor do mundo.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da festiva sesión.

Concerto Lydia Botana

Agradecid@s ao Concello por achegarnos cultura, un curso máis, nun maio conmemorando AS NOSAS LETRAS!