21.11.20

Premio da Crítica de Galicia: GCiencia

Imaxe de https://www.gciencia.com/

O portal web GCiencia, xornalismo e divulgación, gaña o Premio da Crítica de Galicia 2020 na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas. 

Picando na imaxe accederedes á boa nova.

A nosa máis sincera noraboa ao equipo humano que conforma GCiencia, un premio máis que merecido á divulgación científica e na nosa lingua o cal celebramos neste mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

17.11.20

Premio Nacional: Xavier Senín

 Fco. Xavier Senín Fernández, filólogo galego e membro da RAG dende o pasado mes de outubro, vén de recibir o Premio Nacional á Obra dun Tradutor concedido polo Ministerio de Cultura.

Grazas ao traballo de Senín, en solitario ou en colaboración, temos obras clásicas e contemporáneas na nosa lingua. Picando na súa imaxe accederedes ao artigo publicado por nosdiario.gal no que sinala o reto que supuxo traducir os Astérix.



Picando na seguinte imaxe accederedes ao catálogo da nosa BE cos títulos dispoñibles dos Astérix e ubicados na sección comiteca.





"Nos anos 80 precisábase moita obra infantil en galego", palabras de Senín. E...

seguimos a precisala para dar de ler, dar de falar, dar de comer na nosa lingua, tal e como claramente transmite o cadro "Papiñas de leite", acrílico do 2013 de Viki Rivadulla.