Mostrando entradas con la etiqueta semana da prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta semana da prensa. Mostrar todas las entradas

9.3.26

Semana da prensa: O Papagaio

Do 9 ao 15 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa 2026 co expositor permanente do xornal O Papagaio.

Animamos á comunidade a facer uso do xornal da xente miúda, un xornal en galego que, atendendo á actualidade, achega diversidade de contidos con alto valor educativo.

Premendo no seguinte enlace accederedes á páxina web do xornal e ao seu quiosco dixital facendo uso das credencias dadas ao comezo de curso:

Un xornal, en soporte papel ou dixital, para seguir informándose e gozando da lectura como fonte de placer e benestar.

7.3.24

Semana da Prensa: encontro con Abraham Carreiro

O alumnado de 5º e 6º de primaria mantivo un encontro dixital con Abraham Carreiro, director e editor do xornal da xente miúda: O Papagaio.

Un encontro que lles permitiu coñecer, de primeira man, a evolución do xornal desde a súa primeira publicación no ano 2016. Ao tempo, Abraham interesouse por Leo, a nosa serea lectora, e ilustrou, paso a paso, O Papagaio saudando a Leo; así como animou a nen@s a ilustrar o seu propio papagaio. Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Encontro con Abraham Carreiro

Agradecemos o bo facer e a amabilidade de Abraham Carreiro e esperamos contar cada curso coa súa colaboracion para seguir divulgando, dinamizando o xornal da xente miúda: O Papagaio.

10.3.22

Semana da Prensa: Abraham Carreiro

Encontro con Abraham Carreiro
Esta Semana da Prensa 2022 dinamizamos o xornal da xente miúda: O Papagaio.

As aulas adicaron algunha das sesións Hora de Ler ao xornal do cal somos subscritores dende a súa primeira edición. Premendo na seguinte imaxe accederedes ao recurso que facilitamos para divulgar lectura, información en outro formato.

Expositor xornal O Papagaio

Pechando a semana, no día de hoxe, o alumnado de 6º de Primaria desfrutou do Encontro con Abraham Carreiro, director do xornal, creador dun proxecto editorial para @s nen@s e en galego. 

O alumnado e profesorado quedamos encantad@s con este encontro, que nos permitiu coñecer o proceso de creación do xornal e mesmo ilustramos, con Abraham, diferentes Papagaios.

Un pracer contactar con Abraham Carreiro, ao cal agradecemos a súa amabilidade e cercanía fronte á frialdade das pantallas.




10.3.21

Semana da Prensa: O Papagaio

Na Semana da Prensa queremos celebrar a nosa subscrición, dende hai varios cursos, ao xornal mensual: O Papagaio, xornal da xente miúda!

Un xornal creado no 2016 por Abraham Carreiro e editado por Edicións Moito Conto. Un xornal escrito en galego e sen publicidade, ameno e comprometido coa construción dun mundo mellor.

Seguimos informándonos, formando o pensamento creativo e crítico.