Mostrando entradas con la etiqueta cgendl. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cgendl. Mostrar todas las entradas

16.12.15

Recursos para o Nadal

http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php

Preme na imaxe e poderás acceder á páxina de recursos da Coordinadora Galega de Equipos de Nromalización e Dinamización Linguística cun feixe de cousas: cancións, contos, cartas aos Reis...

4.10.13

Ollos de aula

Comezamos as publicacións deste curso 2013/14, achegándovos o enlace á revista da CGEDL e á publicación desta revista tan acaída para pais e nais: Ollos de Aula Premendo sobre o enlace podes descargar (ou ler na pantalla) os oito primeiros números.Tamén acceder´s premendo sobre a imaxe.

10.12.10

Recursos CGEDNL


Premendo sobre a imaxe accederás á páxina de recursos para o Nadal elaborada pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Linguística

Nela topredes de todo: cancións, refráns, lecturas, teatro....
Pois alá... ¡a disfrutar!

3.5.10

Orgullosos do Galego


Sigue adiante a campaña da Coordinadora Galega de ENDL. Unha campaña que nos gusta especialmente porque ´´e moi positiva.
Na mesma p´´axina tendes moitos outros mateirais (cartaces, autocolantes...)

22.2.10

Orgullos@s do noso



A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística, ven de pór en marcha esta iniciativa: un espazo web no que amosar o orgullo que sentimos do NOSO, da NOSA LINGUA, da NOSA CULTURA.
Preteden facer del un ditio no que se eshiban todo tipo de materiais para seren espallados, copiados, distribuidos...todos coa finalidade de amosar o ORGULLO que sentimos de seren galegos e galegas e teren unha lingua propia.
Con frecuencia, con demasiada frecuencia, escoitamos iso de "o problema do Galego" nunha expresión que retrata a quen a usa: efectivamente hai persoas (tamén galegos e galegas) para quenes a Lingua propia é un PROBLEMA, que se sentirían moito millor se ESO non existise.
Ben. Así será para algúns.
Nós, en cambio, pensamos que a Lingua é
unha riqueza,
un tesouro e
un sinal de identidade.
Que a Lingua enriquece a quen a ten. Que non é un asunto individual. E que un pobo que ten unha Lingua ten, tamén, a obriga de coidala, transmitila e facela medrar.

8.1.10

Borrador do Novo Decreto


Xa está aquí. En plenas vacacións. Con tempo suficiente para lelo, feito polo cal agradecemos ó Sr. Conselleiro e ó Sr. Presidente da Xunta que escolleran estes días para facelo público.

O esperado Decreto, que aínda é borrador podedes descargalo en pdf. na páxina da Coordinadora Galega de ENL e lelo desde este enlace:

E será millor lelo, para que non cho conten.
O Sr. Presidente xa dixo, polo que poida pasar, que o borrador e o decreto final non teñen nin por que parecerse.
Continuará.