Mostrando entradas con la etiqueta Prestige. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prestige. Mostrar todas las entradas

14.11.22

NUNCA MÁIS!_20 anos despois

Imaxe catálogo KOHA

No día de onte, 13 de novembro de 2022, cumpríronse 20 anos da maior catástrofe ecolóxica: o afundimento do Prestige, buque petroleiro que tinguiu de negro a nosa costa galega.

Hoxe, recordamos a marea negra e a marea de solidariedade, a marea branca, que asolagaron a nosa fermosa terra: Galicia.

Do exemplar ¡NUNCA MÁIS! A ollada da infancia, dispoñible na nosa Biblioteca (premer na primeira imaxe para acceder ao catálogo) e publicado por Kalandraka, extraemos unha páxina con acrósticos que resumen moi ben o que sentimos ante tal traxedia, mais tamén o que agromou de tanta impotencia e rabia ante o acontecido: solidariedade, esperanza e unha chamada ao sentido común para que non pase...

NUNCA MÁIS!

Imaxe interior exemplar ¡NUNCA MÁIS!

22.11.12

Lingua e xuízo

 Imaxe: http://www.efeverde.com
Presidencia inviste 400 mil euros en acondicionar a sala do xuízo do Prestige e ESQUECE o pequeno asunto do idioma: onte o avogado de NUNCA MÁIS non puido falar en galego porque... non estaba previsto! Outro insulto máis: tratados coma extranxeiros na nosa casa.
Non encontrei na rede moit máis información sobre o tema... Será que os xornalistas non o consideran noticia.
Ai! E se foramos Catalunya?