27.10.23

Concerto de... Xoán Curiel!

Pechamos a semana, na que iniciamos a XIV Lecturas Terroríficas, co concerto de Xoán Curiel.

Un concerto que tod@s gozamos: bailamos, cantamos e tamén nos asustamos. Pasámolo... de medo!

O concerto finalizou e Xoán Curiel regalounos o seu último libro-cd, en colaboración con Charo Pita, "Estamos no verán" e con dedicatoria incluída; tamén nos regalou parte do seu tempo para asinar outros exemplares da nosa biblio como podedes ver na seguinte imaxe (premendo nela accederedes ao álbum de fotos do concerto)

Xoán Curiel

Agradecid@s a Xoán Curiel e o seu gran labor cultural e de dinamización da lingua.


16.10.23

ELAS ILUSTRAN... escriben historias!

ELAS ILUSTRAN... escriben historias!
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos o mural que preside o corredor do 1º andar, ao lado da biblioteca, para implementar, ao longo do mes de outubro, a nosa formación de usuari@s; conmemorando o Día das Escritoras (16 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro)

Un mes que dedicamos a mulleres ilustradoras e galegas, mulleres que escriben historias con cada unha das súas ilustracións e ás que queremos valorar como parte imprescindible non só da banda deseñada/cómic (temática elexida pola Asesoría BEGA), tamén da narración, da poesía, dos libros de información... que atesouramos na nosa biblio.

Un mes para refrescar contidos: organización da biblio, identidade dos libros, sinaturas, recuperación de exemplares... e que enlazamos coa escritura creativa en forma de globos de diálogo/pensamento.

A seguir formándonos, preguntándonos, valorando ás escritoras de puño e letra e... ás escritoras de lapis e cores!

ODS 4