23.4.22

Mes das Letras 2022

Inciamos 3º trimestre e o noso Mes das Letras para, dende o 19 de abril ao 17 de maio, aprender divertíndonos arredor da lectura, da escrita, da historia propia e allea...

Hoxe, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, queremos destacar o díptico publicado pola Asesoría BEGA para a súa difusión e no cal podemos ler o texto orixinal de Xosé Ballesteros. Un fermoso texto do proceso creativo, vivo e colectivo do libro, compañeiro de vida.

Imaxe Asesoría BEGA

Destacar tamén o Manifiesto por la lectura da escritora e filóloga Irene Vallejo Moreu, publicado por Siruela. Manifesto que reflicte o amor da autora polos libros, a importancia da lectura como base da democracia, da empatía, como ferramenta de resistencia ao inmediato, de memoria colectiva, patrimonio de vida. En palabras da autora e como sinopse do seu Manifesto: 

"Somos seres entretejidos de relatos, bordados con hilos de voces, de historia, de filosofía y de ciencia, de leyes y leyendas. Por eso, la lectura seguirá cuidándonos si cuidamos de ella. No puede desaparecer lo que nos salva. Los libros nos recuerdan, serenos y siempre dispuestos a desplegarse ante nuestros ojos, que la salud de las palabras enraíza en las editoriales, en las librerías, en los círculos de lecturas compartidas, en las bibliotecas, en las escuelas. Es allí donde imaginamos el futuro que nos une".

NÓS seguiremos dando conta da nosa andaina educativa a prol da lectura, dos libros e da cultura, sempre en comunidade.

Así iniciamos a proposta de actividades trimestral: Lectura na rúa.

Feliz Día do Libro a tod@s!