Este é o espazo do EDL do CEIP Milladoiro de Malpica. Nel iremos dando conta do noso traballo encol da Dinamización Lingüística e... as cousas que lle andan darredor.
4.10.13
Ollos de aula
Comezamos as publicacións deste curso 2013/14, achegándovos o enlace á revista da CGEDL e á publicación desta revista tan acaída para pais e nais: Ollos de Aula
Premendo sobre o enlace podes descargar (ou ler na pantalla) os oito primeiros números.Tamén acceder´s premendo sobre a imaxe.
16.6.13
Libro da musica tradicional
Os nenos e nennas de 6ºA este ano escolleron o oficio de músicos. E andiveron a aprender cousas sobre el: desde a construcción de instrumentos tradicionais vexetais da man de Emilio Lois, ata a entrevista a Matilda de Limiñoa, pasando polo poema de Rosalía que tan ben recitaron.
Reunimos todo este traballo neste libro que vos presentamos e en breve teremos na biblioteca en formato papel.
Un placer!
9.6.13
19.5.13
Roberto Vidal Bolaño
Xa aestá lista a nosa páxina de recursos para traballar a figura de RVB.
Na biblio está a exposición de materiais tanto del coma de Rosalñía de Castro e dispoñedes, tamén en papel da proposta de actividades do Seminario Galán.
PREME AQUÍ para acceder á páxina.
Homenaxe a Rosalia. 6ºA
Os nenos e nenas de 6º A recitan a Rosalía.
Escolleron este poema porque este ano andiveron a aprender cousas e cousiñas sobre a música tradicional... e os músicos!
10.3.13
Cantares Gallegos
Vídeo que amosa como se fixo o libro Cantares gallegos de Rosalía, ilustrado por Pepe Barro e publicado por El Patito Editorial.
Os bosquexos e as imaxes están acompañadas pola música 'Alborada de Rosalía' do proxecto Rosalía 21 (Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira).
O libro xa está na nosa biblioteca. Foi un agasallo da Consellería no acto de entrega dos e-books
Suscribirse a:
Entradas (Atom)