Parecen empanadillas, verdade?
Pero non son unhas empanadillas calquera. Non. Son empanadillas poéticas!
Dentro, levan un poema de Manuel María que cada un terá que descubrir e ilustralo.
Estes rapaciños de cinco anos son uns artistasBitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
31.5.16
Xurxo Alfeirán e Urbano Lugrís
Xurxo Alfeiran from bemilladoiro on Vimeo.
Visitounos o mestre Xurxo Alfeirán para compartir con nós os seus coñecementos sobre a figura do pintor Urbano Lugrís e a súa estadía en Malpica30.5.16
As redes de Inés
As redes de Ines from bemilladoiro on Vimeo.
Nenos e nenas de 1º ilustraron este fermoso texto de Elvira Riveiro O resultado é delicioso!27.5.16
25.5.16
13.5.16
O galo
Esta é a nosa pequena homenaxe a Manuel María polas Letras Galegas. Co seu poema de "O galo" e a música de Pirilampo, xa que esta canción está recollida no seu novo traballo Teatro de Guiñol, quixemos facer a nosa propia versión participando todos os alumnos, alumnas, mestres e mestras do centro.
12.5.16
Os soños na gaiola
Quixemos render homenaxe a Manuel María e a súa obra, especialmente con Os soños na gaiola elaborando esta exposición con libros do autor pero tamén representando o amor que sentía o poeta pola natureza, polo que pedimos a cada escolar que fixese un paxaro en papel, que xunto co carballo e a gaiola que nos agasallaron, quedounos unha exposición ben colorida.
5.5.16
A palabra estremecida e alertada
Premendo na imaxe teredes acceso á videoteca da AELG . Neste video podemos escoitar a Manuel María recitando poemas de seu.
3.5.16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)