"Polas fillas dos nosos fillos" é o lema co que a Plataforma QUEREMOS GALEGO convoca á manifestación o vindeiro 8 de febreiro polo futuro da nosa lingua.
Se premedes na imaxe poderedes ler o manifesto de apoio a esta mobilización
Este é o espazo do EDL do CEIP Milladoiro de Malpica. Nel iremos dando conta do noso traballo encol da Dinamización Lingüística e... as cousas que lle andan darredor.
22.1.15
16.1.15
DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Temos moi pretiño xa o 30 de xaneiro, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, polo que vos deixo estas ligazóns onde atoparedes unha variedade de recursos didácticos relacionados con esta temática e que podedes traballar nas aulas co voso alumnado.
Nese día, confeccionaremos un grande e fermoso arco da vella entre todo o alumnado e aprenderemos esta canción recollida no último traballo musical de Paco Nogueiras, que leva por título Brinca Vai! e está editado por Kalandraka.
Coma de costume, dende BEMILLADOIRO prepararannos unha exposición de libros que poderemos consultar na entrada da biblio.
Etiquetas:
Galicia,
Malpica de Bergantiños,
Milladoiro,
Paz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)