Este é o espazo do EDL do CEIP Milladoiro de Malpica. Nel iremos dando conta do noso traballo encol da Dinamización Lingüística e... as cousas que lle andan darredor.
25.3.15
Ollos de aula. Nº 20
No presente número da revista editada pola CGEDLG, a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; mentres que a pregunta desta entrega se centra en “Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?”.
Coma sempre, Gracia Santórum presenta interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso “bolígrafo vermello”.
11.3.15
Cleopatra 3º A
Cleopatra from bemilladoiro on Vimeo.
Este foi o traballo que nos presentaron os nenos e nenas de 3ºA: a biografía de Cleopatra. Fixérono en forma de kamishibai e agora nós presentámosvolo en video. Un excelente traballo!Rosalía de Castro. 1º
Os/as pícaros/as de 1º traballamos, con moito esforzo, a biografía de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste.
ROSALIA DE CASTRO from bemilladoiro on Vimeo.
ROSALIA DE CASTRO from bemilladoiro on Vimeo.
6.3.15
Aminatou Haidar 5º
Os nenos e nenas de 5º, que están a traballar sobre o Sahara Occidental, interesáronse por Aminatou Haidar. Se ti tamén queres saber máis sobre a súa vida, mira o traballo que elaboraron.
1.3.15
Eu son Rosalía
Velaí a nosa participación na actividade que nos propuxo a AELG para homenaxear a Rosalía.
Eu son Rosalia5º from bemilladoiro on Vimeo.
Eu son Rosalia 6º from bemilladoiro on Vimeo.
Eu son Rosalia5º from bemilladoiro on Vimeo.
Eu son Rosalia 6º from bemilladoiro on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)