19.5.17

Festival das Letras

Festival das letras from bemilladoiro on Vimeo.
Hoxe celebramos o noso Festival anual das Letras. Tiñamos moito onde escoller, asi que houbo: adaptacións teatrais de obras de Carlos Casares, homenaxes a Rosalía, traballo documental en forma de biografías, poemas de creación propia musicados, o Himno a ritmo de rap... e ata un teatro de sombras!
Un derroche de creatividade e traballo.
 Parabéns a todos e todas, escolares e profes por tanto traballo... e tan ben feito!

16.5.17

Exposición Letras Galegas

Expo das Letras from bemilladoiro on Vimeo.
Exposición de materiais para traballar neste mes das Letras. Un pouco de todo: Rosalía, Pondal, Casares... a escoller!

3.5.17

Actuación do Bardo Abelardo



Hoxe visitounos o Bardo Abelardo, da man do Consorcio Editorial. Tivo un encontro para animar á lectura cos nenos e nenas de 1º e 2º e máis tarde cos de 3º e 4º. O motivo? Carlos Casares e a súa Galiña azul. Como ben sabedes, este é o autor homenaxeado no Día das Letras deste ano. Unha gozada!