Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas

30.5.25

Anxo Moure: natureza e tradición

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria gozou cos contos e cantos de Anxo Moure. Contando, cantando e tocando animou a pequen@s e maiores, transmitindo o respecto, coidado e preservación do medio. Historias solidarias coa terra e as persoas que a habitan, defendendo o conto como ferramenta educativa, tal e como se recolle no proxecto de Anxo Moure: contos solidarios.

O seguinte vídeo é un resumo da divertida e educativa sesión con Anxo Moure.

Agradecid@s ao Consorcio Editorial Galego por facilitarnos a sesión e a Anxo Moure pola súa gran sensibilidade e amabilidade.

21.3.24

Día da Poesía: Ramón Romero Nogueira

Encontro Ramón Romero

No día de hoxe, Día da Poesía 2024, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria mantiveron un encontro dixital con Ramón Romero Nogueira, autor do exemplar "A abelliña que perdeu as ás" e que adquirimos no 1º trimestre con dedicatoria incluída do autor.

Dedicatoria do autor

Un encontro no que Ramón nos contou que, este seu primeiro libro, foi un relato que escribiu cando era neno e co tempo foi mellorando, ata a súa publicación. Ao tempo, presentounos á abelliña e aos animais da fraga que a acompañan, mediante as ilustracións de Uxía Pin.

A abelliña que perdeu as ás
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un texto poético protagonizado por unha abelliña que percorre a fraga na busca de..., recomendamos a súa lectura polo fermoso texto rimado, as coloridas ilustracións e... un final inesperado!

Grazas infindas a Ramón pola súa dispoñibilidade e amabilidade.

Feliz Día da Poesía, hoxe e todos os días do ano!

 

5.5.22

Concerto de Lydia Botana

No día de onte, o alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de Primaria desfrutou do concerto de Lydia Botana grazas a Concellería de Educación e Cultura do Concello de Malpica dentro do seu programa de actividades "Malpica nun mar de Letras 2022"

Lydia presentou o seu traballo "De aquí para alá" onde @s nen@s acompañaron a unha bolboreta na súa viaxe arredor do mundo.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da festiva sesión.

Concerto Lydia Botana

Agradecid@s ao Concello por achegarnos cultura, un curso máis, nun maio conmemorando AS NOSAS LETRAS!