24.2.23

Día de Rosalía de Castro 2023

Día de Rosalía 2023

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cun libro e unha flor... pulseira!

Asemade, unímonos á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e seguindo o manifesto escrito por Carme Adán escribimos palabras, e palabras e palabras! Palabras que eleximos da lectura de diversos poemas de Rosalía e que logo pegamos dentro da súa silueta.

AELG

Premer na imaxe para ler o Manifesto 

Rosalía de Castro, que a forza das túas palabras impulse as nosas propias para seguir mellorando o presente, un futuro que siga sendo noso, da nosa terra, para seguir tendo voz propia hoxe e sempre: NÓS.

 

21.2.23

Entroido: Galihistoria

Presentamos o vídeo resumo da nosa celebración de Entroido que este curso, seguindo o PDI NÓS, tivo como lema "Galihistoria". Un percorrido pola historia de Galicia: etapas históricas, cultura, gastronomía, catástrofe ecolóxica e mitoloxía foron as elexidas para conmemorar un Entroido moi galego.

Premer no seguinte enlace para acceder á galería de fotos da xornada:

ENTROIDO: GALIHISTORIA

Feliz Entroido 2023!

16.2.23

Entroidanza con Pesdelán

Hoxe comezamos a celebración do Entroido no Milladoiro!!! E como non podía ser doutro xeito fixémolo xuntos, en comunidade, no Centro Cívico.

Para iso, todos e todas viñemos ó cole disfrazados como quixemos e gozamos da actuación musical de Pesdelán, unha agrupación coa que non paramos de bailar e aprender danzas do Entroido de diversos lugares: Argentina, Colombia, Perú, Euskadi... e por suposto Galicia.

PASÁMOLO EN GRANDE!!

FOTOS