16.3.11

Lingua Galega Televisión

Nace Lingua Galega Televisión, un espazo creado por Acuarela Comunicación e apoiado por varias institucións, entre elas a Xunta de Galicia. O espazo ten como obxectivo producir contidos televisivos que promovan o uso e coñecemento da Lingua, en palabras dos propios autores. Prometen estrear programas tódolos venres, de feito para este vindeiro anuncian un sobre Bocaberta, esa actividade na que xa tivemolo gusto de participar.
Sáudamos con ledicia a chegada á rede.
Nós coñecemola da man de Isa, e agora xa non lle perderemos a pista.

No hay comentarios: