Este é o espazo do EDL do CEIP Milladoiro de Malpica. Nel iremos dando conta do noso traballo encol da Dinamización Lingüística e... as cousas que lle andan darredor.
16.5.12
Eu sentíame salvada...
Iso di unha das voces deste documental: unha muller que chegou da aldea á cidade falando castelán.
A memoria da lingua, que xa ten dous anos pero segue dunha extraordinaria actualidade. Dous anos máis perdidos no traballo da Normalización.
Falar galego é que eres unha pailaroca ou unha nacionalista. di unha das voces que participan. E ten razón.
Tócanos traballar para que isto deixe de ser así.
Interesantisimas as reflexións sobre lingua e xénero: unha discriminación máis.
Gustaríame que de hoxe nun ano non tiveramos que publicar de novo este documento.
Veremos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)