14.3.23

AS NOSAS LETRAS!: Rosalía de Castro e Eva Mejuto

Exposición AS NOSAS LETRAS!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición AS NOSAS LETRAS!: Rosalía de Castro e Eva Mejuto, escritoras protagonistas ao longo do 2º trimestre.

A exposición xunto cos cadernos Leo anímate a... investigar! e os recursos en liña foron o punto de partida para aventurarse no saber máis e... no ler máis: ler a Rosalía e a Eva é unha viaxe emocional marabillosa.

O alumnado de 6ºEP nas sesións de Aprender a investigar foi o encargado de recuperar a bibliografía de Eva Mejuto dispoñible na nosa biblio e organizar a exposición.

Pecharemos o presente curso coa exposición adicada a Francisco Fernández del Riego, elección da RAG para conmemorar o Día das Letras Galegas e do cal podemos saber máis accedendo á web da RAG adicada ao autor: Primavera da Letras.

Que medre o noso coñecemento arredor de escritoras e escritores galegas e galegos que é imprescindible ler e valorar.


24.2.23

Día de Rosalía de Castro 2023

Día de Rosalía 2023

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cun libro e unha flor... pulseira!

Asemade, unímonos á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e seguindo o manifesto escrito por Carme Adán escribimos palabras, e palabras e palabras! Palabras que eleximos da lectura de diversos poemas de Rosalía e que logo pegamos dentro da súa silueta.

AELG

Premer na imaxe para ler o Manifesto 

Rosalía de Castro, que a forza das túas palabras impulse as nosas propias para seguir mellorando o presente, un futuro que siga sendo noso, da nosa terra, para seguir tendo voz propia hoxe e sempre: NÓS.

 

21.2.23

Entroido: Galihistoria

Presentamos o vídeo resumo da nosa celebración de Entroido que este curso, seguindo o PDI NÓS, tivo como lema "Galihistoria". Un percorrido pola historia de Galicia: etapas históricas, cultura, gastronomía, catástrofe ecolóxica e mitoloxía foron as elexidas para conmemorar un Entroido moi galego.

Premer no seguinte enlace para acceder á galería de fotos da xornada:

ENTROIDO: GALIHISTORIA

Feliz Entroido 2023!

16.2.23

Entroidanza con Pesdelán

Hoxe comezamos a celebración do Entroido no Milladoiro!!! E como non podía ser doutro xeito fixémolo xuntos, en comunidade, no Centro Cívico.

Para iso, todos e todas viñemos ó cole disfrazados como quixemos e gozamos da actuación musical de Pesdelán, unha agrupación coa que non paramos de bailar e aprender danzas do Entroido de diversos lugares: Argentina, Colombia, Perú, Euskadi... e por suposto Galicia.

PASÁMOLO EN GRANDE!!

FOTOS


27.1.23

AS NOSAS LETRAS!: Andrea Maceiras

AS NOSAS LETRAS!

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Inciamos o presente curso coa exposición AS NOSAS LETRAS! adicada á escritora Andrea Maceiras por elección do alumnado de 6ºEP que teñen un dos seus títulos como libro do Plan Lector Anual: A folla azul.

Así, na área Aprender a investigar realizaron a súa biografía grazas ás fontes documentais e dixitais. Asemade, remitiron un correo electrónico á autora para convidala a visitar a nosa escola e... conseguimos cadrar datas!

Encontro con Andrea Maceiras

No día de onte, mantiveron un encontro coa autora; a cal agradecemos a súa amabilidade, pois non só asinou o exemplar de cada nen@ e no caderno da biblio, tamén respostou a cada unha das preguntas dentro da entrevista que desenvolveron na nosa Radio Balea.


Grazas a Andrea Maceiras pola súa cercanía e bo facer; así como a Editorial Xerais por facilitarnos o encontro.