27.11.15

ATA SEMPRE NEIRA VILAS

Galiza e a lingua galega están de loito. O mestre Xosé Neira Vilas decidiu irse na procura de Anisia, o seu gran amor. Boa viaxe Sr. Pepe. Inmensamente agradecidos polo gran legado que nos deixa!D.E.P
 A imaxe procede de AQUÍ

3.11.15

MAGOSTO

Magosto 2015 from bemilladoiro on Vimeo.

Un ano máis, celebramos o magosto cunha gran festa: comendo castañas asadas, cantando as cancións que aprendemos e, coma de costume, rematamos coa "batalla da borralla". Foi unha xornada moi divertida!!!

2.11.15

VI Semana das Lecturas Terroríficas

Un ano máis, e xa van seis, celebramos a Semana das Lecturas Terroríficas. Cada curso que así o desexa, prepara unha lectura dramatizada a partir dalgún dos libros de medo que temos na Biblioteca escolar. Este curso repetimos O Grúfalo e as Adiviñas monstruosas, contouse por promeira vez A bruxa regañadentes, O Sr. Ramón e a Sr. Ramona e Carabuñas, cantou se O espantallo e O Samaín e ata tivemos uns autores e autoras que nos leron os seus propios poemas sobre as Cores do Samaín. Unha gozada que agardamos repetir o vindeiro ano.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS TALLADAS

Foron moitas as actividades que desenvolvimos a semana pasada con motivo da celebración do Samaín. Entre elas. o concurso exposición de cabazas: terroríficas, simpáticas, actuais, fantásticas... Unha actividade que comparten as familias e que sempre nos sorprende.