26.2.22

Entroido 2022: Madamit@s do Milladoiro

Festexamos o Entroido 2022, seguindo o PDI de centro, como Madamit@s!

Un Entroido moi noso que, unha vez máis,  foi posible grazas ao traballo en comunidade:

  • O alumnado pola súa ilusión, motivación e esforzo en cada paso dado: paseo, punto... e volta!
  • As familias pola súa colaboración na elaboración dos disfraces.
  • Ao profesorado pola súa implicación no tratamento da nosa tradición entroideira, achegándonos as nosas raíces, facilitando os recursos e esforzos compartidos para vivir o noso patrimonio.
  • Ao persoal non docente por todo o apoio prestado.

Valorando, concienciando da imprescindible educación en comunidade.

Parabéns a tod@s, un Entroido moi malpicán, un Entroido... MATERIAL!

A seguir gozando do Entroido! Premendo no seguinte enlace accederedes ao programa de actividades programadas polo Concello:

Entroido 2022 en Malpica

Axenda 2030

24.2.22

Día de Rosalía 2022

Celebramos, e vaia se celebramos, o Día de Rosalía!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Ao mural do curso pasado, Cartas a Rosalía, demos continuidade co mural do presente curso seguindo o lema da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: #SementadePensamentos.

Pensamentos de Rosalía: palabras, versos... e para Rosalía, a súa flor preferida, creadas con libros de expurgo pol@s nen@s de cada aula.

A nosa Biblioteca, o noso colexio segue a celebrar o Día da nosa querida escritora arredor da cal demos tratamento a súa biografía, a súa escrita, a súa gran persoa; pechando a xornada cun libro para casa e cunha flor-marcapáxinas.

En proceso de edición están os poemas de Rosalía gravados por cada aula para conformar un audiolibro de produción propia e a aula de 6º de Primaria compartiu con tod@s un adianto da canción que crearon, Rocksalía, baixo a coordinación do mestre de Música.

E para rematar, deixamos a listaxe de enlaces das publicacións feitas nalgúns dos blogs de ciclo: 

Parabéns a tod@s polo gran traballo desenvolto arredor de Rosalía!

Feliz Día de Rosalía, onte, hoxe... todos os días do ano!

20.2.22

Día Internacional da Lingua Materna

Hoxe celebramos o Día Internacional da Lingua Materna co obxectivo de promover o plurilingüísmo e a diversidade cultural. Así foi proclamado pola Confederación Xeral da UNESCO en novembro de 1999.

Imaxe www.unesco.orgPremendo na imaxe accederedes á mensaxe da Directora Xeral da UNESCO: Audrey Azoulay

NÓS seguimos querendo pór en valor a importancia da nosa LINGUA NAI, principal vehículo para manter vivo O NOSO PATRIMONIO CULTURAL; medrando con identidade, con raíces sans e fortes no noso país da choiva, país de madeira e metal.. entre gaitas, ferreñas e alalás!

Imaxe BE Milladoiro. Malpica

Feliz Día da Lingua Nai a tod@s!

8.2.22

A Xanela do Maxín: Leonardo e os Biosbardos

A Xanela do Maxín
No día de hoxe, todo o alumnado de Primaria gozou da excelente función teatral Leonardo e os Biosbardos de A Xanela do Maxín no Centro Cívico.

Unha función cunha posta en escena que a todas/os marabillou e unha fantástica adaptación do libro de relatos Os Biosbardos de Eduardo Blanco Amor.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da función.

Seguimos dinamizando cultura, a nosa cultura!

7.2.22

Rosalía de Castro: AS NOSAS LETRAS!

AS NOSAS LETRAS! Rosalía de Castro

Presentamos a exposición AS NOSAS LETRAS! do 2º trimestre que, como non podía ser doutro xeito, está adicada a Rosalía de Castro.

O Día de Rosalía pasa a conmemorarse o 23 de febreiro tras o descubrimento da súa data de nacemento, tal e como recolle a Xunta de Galicia na súa páxina de novas.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de publicar a súa proposta de actividades para celebrar o Día da escritora, #SementadePensamentos; entre as cales destaca, dende o ano 2010, o agasallo dun libro e dunha flor.

Imaxe de www.aelg.gal

Coma cada curso escolar celebraremos o seu Día e daremos conta del.

Seguimos querendo... salvagardar o noso!

Axenda 2030