21.3.24

Día da Poesía: Ramón Romero Nogueira

Encontro Ramón Romero

No día de hoxe, Día da Poesía 2024, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria mantiveron un encontro dixital con Ramón Romero Nogueira, autor do exemplar "A abelliña que perdeu as ás" e que adquirimos no 1º trimestre con dedicatoria incluída do autor.

Dedicatoria do autor

Un encontro no que Ramón nos contou que, este seu primeiro libro, foi un relato que escribiu cando era neno e co tempo foi mellorando, ata a súa publicación. Ao tempo, presentounos á abelliña e aos animais da fraga que a acompañan, mediante as ilustracións de Uxía Pin.

A abelliña que perdeu as ás
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un texto poético protagonizado por unha abelliña que percorre a fraga na busca de..., recomendamos a súa lectura polo fermoso texto rimado, as coloridas ilustracións e... un final inesperado!

Grazas infindas a Ramón pola súa dispoñibilidade e amabilidade.

Feliz Día da Poesía, hoxe e todos os días do ano!

 

7.3.24

Semana da Prensa: encontro con Abraham Carreiro

O alumnado de 5º e 6º de primaria mantivo un encontro dixital con Abraham Carreiro, director e editor do xornal da xente miúda: O Papagaio.

Un encontro que lles permitiu coñecer, de primeira man, a evolución do xornal desde a súa primeira publicación no ano 2016. Ao tempo, Abraham interesouse por Leo, a nosa serea lectora, e ilustrou, paso a paso, O Papagaio saudando a Leo; así como animou a nen@s a ilustrar o seu propio papagaio. Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Encontro con Abraham Carreiro

Agradecemos o bo facer e a amabilidade de Abraham Carreiro e esperamos contar cada curso coa súa colaboracion para seguir divulgando, dinamizando o xornal da xente miúda: O Papagaio.

23.2.24

Día de Rosalía de Castro: caligramas naturais

Leer más publicaciones en Calaméo

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro atendendo a proposta de actividades en relación co PDI que nos ocupa e a exposición AS NOSAS LETRAS! adicada a Rosalía de Castro.

Cada grupo-clase creou o seu caligrama natural partindo do libro "O herbario de Rosalía" de María López, editado pola Fundación Rosalía de Castro. Un exemplar que nos permitiu unir á natureza coa literatura, coa escrita rosaliana, realizando produtos finais coa técnica colaxe. Premendo na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos da actividade.

Caligramas naturais

Feliz Día de Rosalía, hoxe e todos os días do ano.

14.2.24

Entroido... saudable!

Un Entroido de contacto coa natureza e hábitos saudables, un entroido de... saúde e benestar!

Premendo nos seguintes enlaces accederedes ao álbum de fotos e ao desfile final:

Parabéns a tod@s, un entroido moi, moi san!