18.12.19

Nadal 2019

AGARIMO, FAMILIA, LEDICIA, FOGAR...son palabras que nos evoca o Nadal e con todas elas, e algún traballiño feito na impresora 3D, elaboramos entre todos e todas esta fermosa árbore que preside a entrada do cole. 

O Equipo de Biblioteca Escolar e de Dinamización da Lingua Galega desexamos a toda a comunidade educativa unhas felices festas e un venturoso 2020. 





3.11.19

Novembro: Mes da Ciencia en Galego


A Consellería de Educación en colaboración con Bibliotecas Escolares de Galicia impulsan cada mes de novembro un programa de divulgación da ciencia en lingua galega.


Poñen a disposición do público unha recompilación de recursos de carácter científico moi interesantes para traballar dende as aulas ou laboratorios.


O manifesto deste ano corre a cargo da Microbióloga Alicia Estévez Toranzo, membro da RACG.



30.5.19

Visita de Ana Mª Fernández

Hoxe a ilustre escritora visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º.

 Admiramos e saboreamos a obra deste creadora porque nos encanta esa aparente facilidade coa que constrúe os seus versos. Os seus poemas son sempre luminosos e positivos. Será por iso que os rapaces os disfrutan tanto.

Ven de editar Ring, ring... quen rima? un libro que non defraudou e unha vez máis fixo as delicias dos pequenos.

Ana Mª era unha das poucas figuras consagradas da LIX que faltaba por pasar polo Milladoiro, non polos nosos méritos, senón porque levamos coas portas abertas moitos anos.
Así que agradecemos a súa xenerosidade.

21.5.19

Exposición Letras Galegas 2019

Aínda non vos mostramos esta exposición: a que de novo nos preparou o profe Josecho coa selección de ibros para achegarnos ás Letras Galegas. Libros mesturados con crebas que exemplifican ben o que foi este curso para nós.

16.5.19

Letras Galegas 2019

Made with Padlet

Historia das LG

Velaí o traballo que fixo o alumnado de 5º de Primaria.

15.5.19

Biografía de Fraguas

Esta é a nova achega do IES San Paio de Tui autores tamén da liña do tempo que publicamos hai uns días. Para saber máis sobre D. Antonio, eles recuperan o seu patronímico: Antonio de nsuela. E ti sabes o patronímico da túa familia?

13.5.19

Pasapalabra

Desde o CEIP A Ponte, de Lugo, achégannos este xogo para ver canto aprendimos sobre Fraguas. Animádesvos?

9.5.19

Telexornal Antón Fraguas

Como xa ven sendo tradicional, o CPI Plurilingue dos Dices (Rois- A Coruña), achégannos o seu telexornal sobre a figura de Antón Fraguas

Liña do tempo

Da man do IES San Paio, traemos esta liña do tempo da vida de Antón Fraguas. Grazas!

6.5.19

Biografía

Desde a biblioteca Saturnino Hermida, do IES Concepción Arenal de Ferrol achégannos este video sobre a figura de Antón Fraguas.

25.4.19

Casamento da pulga. Pictogramas

O Casamento da Pulga foi un conto recollido por Antón Fraguas no seu Cancioneiro de Cotobade. Aqui preséntase con pictogramas. Na biblioteca temos varias versións impresas do mesmo conto.

Boigrafía con pictogramas

Biografía de Antón Fraguas con pictogramas

2.4.19

Materiais Seminario Galán

Xa temos á nosa disposición os materiais do Seminario Galán.
Agradecemos ás compañeiras e compañeiros que traballan para ofrecérnolos.
Coma cada ano, temos:
Documentos para imprimir
Actividades en liña
Álbum de fotos

Todo elo de 4º de Ed. Infantil a 6º de primaria

28.2.19


Moito nos presta Rosalía e a súa poesía! Os nenos e nenas 3º e 4º de primaria rendiron homenaxe á unha das nosas escritoras máis celebres: Rosalía de Castro co  gallo do aniversario do seu nacemento. 
Nesta ocasión recitamos fragmentos de poemas da autora nos que fai algunha referencia ao mar e  fixemos un mural dun fondo mariño.
Como remate baixamos a recoller uns agasallos: un libro en galego e unha rosa de papel (proposta da AELG)