Bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
31.12.11
10.12.11
Dereitos dos nenos e nenas no Sahara
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiJHRj-ZAw5ts_LcwHU10jWbgkyY7vLI8MzFBZrOJ6_y-eboVLS27-XwlDR-yGYV3P-zAovYOARk_fHk65vRVa_Z4fRe17eDBfuJCIeHFwlEqSY7VO6hW2YQ7mjPqOXVYlLvZMQVwTmltQ/s320/untitled.jpg)
63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh59EZAJLo1Z9jIdDrZCDl5NtWJKFw0ZLQO9L92Byoy4ZshLI8oOJWVtN1lDL9T73yEQ32mTeg9ItkBcQB5VgcW5Crd7eOlR40EGyZlTmBNqjsOb3DT-X-YizFewvBh_LSLQP91m_LWzhc/s320/Bubisher.png)
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Etiquetas:
cooperacion internacional,
dereitos humanos,
Sahara
1.12.11
LIngua extranxeira
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4UKmG4CM0ersUSWMjDA6Viq5aF01NFq1-JnUYu1ax0BUgUdXLgPlqh_TYYSHnbkTKEijzaiEBaibgnRULV5J9YBKHYjtcaoytfp8EiEqUidtzkkfuJ9bg6dB1jWY01oFujm7PlfL4C7I/s320/fernando_blanco_entrevista-6dc1e.jpg)
O ex conselleiro Fernando Blanco foi chamado a declarar nos xulgados de Lugo. Fixo a súa declaración en galego.
Ata a í todo normal.
O que non o foi foi o que sucedeu despois: a xuíz considerou preciso traducir a declaración. Houbo que chamar a un traductor xurado e o proceso durou CINCO HORAS!!!!
Velaí como a nosa lingua é tratado, unha vez máis, coma unha lingua extranxeira nohttp://www.blogger.com/img/blank.gif seu territorio.
Para pensar... e actuar.
Deixovos a ligazón ó xornal
Suscribirse a:
Entradas (Atom)