Bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
19.6.20
13.5.20
Día das Letras
Queremos Galego, plataforma cidadá conformada por colectivos de diferentes ámbitos a
prol da nos lingua anima a toda a poboación a participar o vindeiro 17 de maio nun acto de
reividicación dende as nosas xanelas e varandas baixo o lema:
Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión.
Pica na imaxe para obter máis información
9.5.20
Liña do tempo Carvalho Calero
Esta é a liña do tempo de D, Ricardo. Con ela, será máis doado facernos unha idea de como foi a súa vida.

O misterio da casa de Carvalho Calero

7.5.20
Telexornal Carbalho Calero
Vaise achegando o tempo das Letras e con el, aportacións que xa se convertiron en tradicionais dentro do mundo das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Así sucede co telexornal que cada ano nos achegan os compañeiros do cole dos Dices en Rois.
Un achegamento á figura homenaxeada este ano: D. Ricardo Carbalho Calero
Así sucede co telexornal que cada ano nos achegan os compañeiros do cole dos Dices en Rois.
Un achegamento á figura homenaxeada este ano: D. Ricardo Carbalho Calero
26.3.20
AULAS GALEGAS
O equipo de Dinamización da Lingua Galega recomenda que visitedes nestes días de confinamento o portal educativo Aulas Galegas onde atoparedes multitude de recursos, materiais e outras actividades en lingua galega.
ESTAMOS NA CASA PERO NON ESTAMOS PARADOS! Dinos Pilar Ponte no vídeo presentación deste proxecto. Certo! Agardamos que esteades aproveitando moito o tempo libre.
Saúdos agarimosos,
(Tendes na imaxe a ligazón)

Etiquetas:
2019/20,
Aulas Galegas,
corentena,
recursos EDLG
2.3.20
Día de Rosalía
O pasado venres celebramos o Día de Rosalía cunha longa mesa cargada de "libros migratorios" e unha cesta chea de marcapáxinas que o alumnado encheu de cor para compartir entre iguais.
Cada alumno/a elexiu o libro que con el/a migraba e un marcapáxinas de Rosalía.
Fermosa actividade, encantounos!
Podedes ver as imaxes do día premendo no seguinte enlace:
Cada alumno/a elexiu o libro que con el/a migraba e un marcapáxinas de Rosalía.
Fermosa actividade, encantounos!
Podedes ver as imaxes do día premendo no seguinte enlace:
Día de Rosalía 2020
Etiquetas:
2019/20,
animación á lectura,
DÍA DE ROSALÍA,
Rosalía de Castro
19.2.20
Día de Rosalía
Achégase o 24 de Febreiro e a Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha o " Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
Así que, xa sabedes! Nestes días de entroido podemos preparar un caldiño e acompañalo coa poesía da nosa Rosalía.
7.2.20
VACINAS DO BO TRATO
Con motivo da celebración do Día Escolar pola Paz e a non violencia e do noso Proxecto sobre a Ciencia, elaboramos este Vademecum con vacinas para conseguir o mellor dos tratos posibles. Pensamos no que nos incomoda, nas relacións que establecemos e inventamos vacinas para protexernos e ... vivir en PAZ.
Mirade canta marabilla!
18.12.19
Nadal 2019
AGARIMO, FAMILIA, LEDICIA, FOGAR...son palabras que nos evoca o Nadal e con todas elas, e algún traballiño feito na impresora 3D, elaboramos entre todos e todas esta fermosa árbore que preside a entrada do cole.
O Equipo de Biblioteca Escolar e de Dinamización da Lingua Galega desexamos a toda a comunidade educativa unhas felices festas e un venturoso 2020.
Etiquetas:
biblioteca creativa,
nadal 2019,
PDI Visión 3C
3.11.19
Novembro: Mes da Ciencia en Galego
A
Consellería de Educación en colaboración con Bibliotecas Escolares de Galicia impulsan cada mes de novembro un programa de divulgación da ciencia en
lingua galega.
Poñen a disposición
do público unha recompilación de recursos de carácter científico moi interesantes para
traballar dende as aulas ou laboratorios.
O manifesto deste
ano corre a cargo da Microbióloga Alicia Estévez Toranzo, membro da RACG.
21.6.19
30.5.19
Visita de Ana Mª Fernández
Hoxe a ilustre escritora visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º.
Admiramos e saboreamos a obra deste creadora porque nos encanta esa aparente facilidade coa que constrúe os seus versos. Os seus poemas son sempre luminosos e positivos. Será por iso que os rapaces os disfrutan tanto.
Ven de editar Ring, ring... quen rima? un libro que non defraudou e unha vez máis fixo as delicias dos pequenos.
Ana Mª era unha das poucas figuras consagradas da LIX que faltaba por pasar polo Milladoiro, non polos nosos méritos, senón porque levamos coas portas abertas moitos anos.
Así que agradecemos a súa xenerosidade.

29.5.19
21.5.19
Exposición Letras Galegas 2019
Aínda non vos mostramos esta exposición: a que de novo nos preparou o profe Josecho coa selección de ibros para achegarnos ás Letras Galegas.
Libros mesturados con crebas que exemplifican ben o que foi este curso para nós.
16.5.19
15.5.19
Biografía de Fraguas
Esta é a nova achega do IES San Paio de Tui autores tamén da liña do tempo que publicamos hai uns días.
Para saber máis sobre D. Antonio, eles recuperan o seu patronímico: Antonio de nsuela.
E ti sabes o patronímico da túa familia?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)