20.5.15

OLLOS DE AULA. Nº 21

Nesta entrega, convídannos a realizar as pequenas pero importantes accións que todos e todas podemos facer pola lingua todos os días do ano. Tamén inclúe unha reflexión, "The Walking Dead (versión enxebre)", que cuestiona o modelo actual de celebración das Letras Galegas. A psicopedagoga Lines Salgado afonda na proba de avaliación de 3º de Primaria e Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, responde á pregunta "Como debe educar a escola para a convivencia social?". Ademais, Gracia Santórum ofrece as súas interesantes propostas de lecer, ás que se suman os convites que se fan nos anuncios-móbil da páxina 2.

A PALABRA TEN VIDA!!!

Este ano polas letras galegas quixemos darlle vida ás palabras a través da canción de Paco Nogueiras, A palabra ten vida, do seu disco Brinca vai! Os nosos paraugas, cheos de palabras da nosa terra, cobran vida polo patio, polos corredoiros, polas aulas... para lembrarnos que somos nós os que lles damos vida ás palabras. Con este vídeo festexamos as Letras Galegas deste ano 2015 e agradecerlle a Paco Nogueiras este disco e todas as marabillas que podemos facer coas súas cancións.



letras2015 from bemilladoiro on Vimeo.

18.5.15

FESTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS

Presentamos un resumo do que foi a nosa celebración das LETRAS GALEGAS este ano. Pola mañá, os escolares deleitáronnos cun recitado e declamación de poemas e a tarde adicámola á tradicional xornada de xogos populares e a tómbola de agasallos. Pasámolo fenomenal!!!

Festa das Letras from bemilladoiro on Vimeo.

14.5.15

ONTE, HOXE E MAÑAN...

Como cada ano, estamos convidados a participar na manifestación pola lingua que terá lugar en Compostela o 17 de maio. A Plataforma cidadá Queremos Galego lerá un manifesto baixo o lema "O Galego, garantía de futuro". QUE SE ESCOITE BEN LONXE!!!

1.5.15

QUE SE VEXA O GALEGO!!!

O EDLG do CEIP Milladoiro queremos sumarnos a esta iniciativa que propón a CTNL porque estamos convencid@s de ter unha lingua fermosa, útil e moderna e por iso a usamos os 365 días do ano. Pincha aquí

30.4.15

LETRAS GALEGAS 2015

A piques estamos de entrar en Maio, no mes que a RAG celebra o día Letras Galegas polo que vos animamos a realizar as actividades que nos prepararon os nosos compañeir@s do Seminario Galán encol do autor homenaxeado este ano. Pincha aquí

25.3.15

Ollos de aula. Nº 20

No presente número da revista editada pola CGEDLG, a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; mentres que a pregunta desta entrega se centra en “Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?”. Coma sempre, Gracia Santórum presenta interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso “bolígrafo vermello”.

11.3.15

Cleopatra 3º A

Cleopatra from bemilladoiro on Vimeo.

Este foi o traballo que nos presentaron os nenos e nenas de 3ºA: a biografía de Cleopatra. Fixérono en forma de kamishibai e agora nós presentámosvolo en video. Un excelente traballo!

Rosalía de Castro. 1º

Os/as pícaros/as de 1º traballamos, con moito esforzo, a biografía de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste.
ROSALIA DE CASTRO from bemilladoiro on Vimeo.

6.3.15

Aminatou Haidar 5º

Os nenos e nenas de 5º, que están a traballar sobre o Sahara Occidental, interesáronse por Aminatou Haidar. Se ti tamén queres saber máis sobre a súa vida, mira o traballo que elaboraron.

Wangari Maathai 2º


Exeria 6º

1.3.15

Eu son Rosalía

Velaí a nosa participación na actividade que nos propuxo a AELG para homenaxear a Rosalía.
Eu son Rosalia5º from bemilladoiro on Vimeo.

Eu son Rosalia 6º from bemilladoiro on Vimeo.

19.2.15

TODAS SOMOS ROSALÍA

Achégase o Día de Rosalía e precisaremos materiais para achegarnos á súa figura. O CEIP Andrade, de Pontedeume, fixo este mural.
https://sites.google.com/site/rosaliadecastrobn/
Preme sobre a imaxe para acceder ao listado de recursos.

ENTROIDO 2015 EN IMAXES


Entroido 2015 from bemilladoiro on Vimeo.
Velaí algunhas imaxes do que foi a celebración do entroido o pasado venres.
Como sabedes, os disfraces forman parte do noso PDI anual que este ano, ao igual que o curso pasado, vira arredor dos países e culturas do mundo. Así, atopámonos con indús, keniatas, rumanos, saharauis, escoceses, caribeños, exipcios... e un longo etcétera.

O importante é que nenos e nenas achéganse a esas culturas lonxanas en moitos casos a través das lecturas propostas no Plan Lector anual do colexio, aprenden moito de relativismo cultural e achéganse desde o coñecemento a lugares remotos.
 Porque o mundo é moi, moi grande, variopinto e complexo.

Velaí algunhas imaxes do que conseguimos plasmar plásticamente.

Unha novidade deste curso foi a visita dos compañeiros e exalmnos/as do IES Urbano Lugrís, un achegamento longamente agardado que se fixo posible este curso e que festexamos con algo que é unha PRIMICIA: unha foto final da celebración.

Foi unha mágoa non contar cun fermoso día de sol pero... non estaba na nosa man. Aínda así, preparamos un lugar para que as familias poideran acudir ao desfile e despois, coma decote, poideron acompañarnos na celebración lúdico-gastronómica que eles mesmo fan posible pois son quenes aportan os doces.

9.2.15

OLLOS DE AULA. Febreiro

Os contidos deste mes xiran arredor de  estratexias para estimular a Intelixencia Emocional, os Centros plurilingües e as seccións bilingües ou cándo acudir ao Departamento de Orientación.

6.2.15

ENTROIDO 2015

Acabamos de actualizar a nosa páxina de recursos para traballar o entroido. Nela atoparedes de todo: desde plantillas para facer caretas, ata a receita das filloas.

E de novo, a Coordenadora de ENL pon a disposición de todxs máis recursos educativos para estas datas.

FELIZ ENTROIDO!!!

22.1.15

POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS

"Polas fillas dos nosos fillos" é o lema co que a Plataforma QUEREMOS GALEGO convoca á manifestación o vindeiro 8 de febreiro polo futuro da nosa lingua. Se premedes na imaxe poderedes ler o manifesto de apoio a esta mobilización

16.1.15

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA


Temos moi pretiño xa o 30 de xaneiro, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, polo que vos deixo estas ligazóns onde atoparedes unha variedade de recursos didácticos relacionados con esta temática e que podedes traballar nas aulas co voso alumnado.

Nese día, confeccionaremos un grande e fermoso arco da vella entre todo o alumnado e aprenderemos esta canción  recollida no último traballo musical de Paco Nogueiras, que leva por título Brinca Vai! e está editado por Kalandraka.

Coma de costume, dende BEMILLADOIRO prepararannos unha exposición de libros que poderemos consultar na entrada da biblio.

11.11.14

Ollos de aula




Achegámosvos un novo número da revista para as familias Ollos de aula. Desta vez podedes informarvos sobre Educar as emocións, o Decreto do plurilingüismo ou o programa de fomento da lectura que denominamos Hora de ler, xunto con outros contidos que agardamos que sexan do voso interese.