Bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
30.11.12
APALPADOR III
Este é o LIM que prepararon no CEIP Outeiro das Penas en Cesantes (Redondela)
PREME sobre a imaxe e, despois de ler o conto que xa publicamos, comeza a xogar.
SORTEEEEEEEE!!!!
Apalpador II. Manualidades
Hoxe toca manualidades. Vouvos deixar os enlaces para descargar un monicreque, un recortable e unhas tarxetiñas.
Estas últimas son do blog dalleuncoliño e os primeiros, da Fundación Artabria.
Velaí:
Esperamos que vos divirtades facéndoas.
Velaí:
Esperamos que vos divirtades facéndoas.
28.11.12
Apalpador I
Está a chegar o Nadal e nós queremos seguir achegándovos a figura do Apalpador.
Hoxe deixovos o conto e en días sucesivos ireivos deixando cancións, manualidades, xogos...
Ide escoitando
26.11.12
Homenaxe a Celso Emilio
Deitado frente ao mar
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística lanzou hai un tempiño unha proposta aos centros para rematar o "ano Celso Emilio Ferreiro", no que se cumpren os cen anos do nacemento do poeta de Celanova.
Segundo esta iniciativa, o día 12 do 12 ás 12, os centros que se sumen a ela lembrarán o poeta recitando un dos seus textos máis coñecidos, tamén máis actual na súa mensaxe: Deitado frente ao mar.
Desde o IES As Barxas (Moaña, Pontevedra) colaboran ademais cun vídeo para a promoción desta iniciativa, que dá conta do nivel que acadan as producións audiovisuais que se están a facer nos centros.
22.11.12
Sentencia tardía
O TSXG bota embaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego no ensino, así o di na sentencia que hoxe se fixo pública sobre o Decreto de Plirilinguismo, que chamou o goberno ou de liquidación da lingua, que foi o que todos entendimos.
A sentencia anula directamente dous artigos: o 5.2 e 12.3.
A MNL, Queremos Galego e CIG ensino están a estudar a fondo o texto para trazar as vindeiras liñas de actuación.
Veremos pois nestes anos perdemos tantos falantes, andivemos tanto atrás que... agora mesmo dubido do posible efecto beneficioso da sentencia.
Veremos.
Lingua e xuízo
Imaxe: http://www.efeverde.com
Presidencia
inviste 400 mil euros en acondicionar a sala do xuízo do Prestige e
ESQUECE o pequeno asunto do idioma: onte o avogado de NUNCA MÁIS non
puido falar en galego porque... non estaba previsto! Outro insulto máis:
tratados coma extranxeiros na nosa casa.
Non encontrei na rede moit máis información sobre o tema... Será que os xornalistas non o consideran noticia.
Ai! E se foramos Catalunya?
16.5.12
Eu sentíame salvada...
Iso di unha das voces deste documental: unha muller que chegou da aldea á cidade falando castelán.
A memoria da lingua, que xa ten dous anos pero segue dunha extraordinaria actualidade. Dous anos máis perdidos no traballo da Normalización.
Falar galego é que eres unha pailaroca ou unha nacionalista. di unha das voces que participan. E ten razón.
Tócanos traballar para que isto deixe de ser así.
Interesantisimas as reflexións sobre lingua e xénero: unha discriminación máis.
Gustaríame que de hoxe nun ano non tiveramos que publicar de novo este documento.
Veremos
30.4.12
Web quest: Valentín Paz Andrade
Desde o CEIP Nosa Señora dos Xuvencos achégannos esta webquest para coñecer millor a figura de Valentín Paz Andrade.
Accede premendo sobre a imaxe, ou ben sobre o enlace do nome do colexio.
Accede premendo sobre a imaxe, ou ben sobre o enlace do nome do colexio.
Caza do tesouro: Valentín Paz Andrade
Desde o CEIP Nosa Señora dos Xuvencos, achégannos esta caza do tesouro. Preme sobre a imaxe para acceder a ela.
11.4.12
Valentin Paz Andrade
Coma cada ano, o Seminario Galán preparou para nós actividades sobre a figura do autor homenaxeado, este ano: Valentín Paz Andrade.
Podes acceder a elas premendo sobre a imaxe ou ben sobre o propio enlace.
30.3.12
Paz Andrade no Telexornal
As mozas e os mozos do CPI dos Dices (Rois, A Coruña) están a traballar xa coa figura de Valentín Paz Andrade, preparando motores para a celebración do Día das Letras Galegas, e ofrecéndonos un documento excelente para achegarnos desde as aulas a este personaxe da cutlura galega. Parabéns a este grupo de "reporteiros" e ao profesorado que os estimula e guía, polo seu traballo.
4.1.12
Felicidades fantásticas
Felicitación nadal
View more presentations from biblioteca escolar milladoiro malpica.
A comunidade escolar do Milladoiro felicitavos as festas con esta presentación do que máis nos gusta este ano: os contos clásicos.
Feliz e fantástico ano para todos e todas!
31.12.11
10.12.11
Dereitos dos nenos e nenas no Sahara

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Etiquetas:
cooperacion internacional,
dereitos humanos,
Sahara
1.12.11
LIngua extranxeira

O ex conselleiro Fernando Blanco foi chamado a declarar nos xulgados de Lugo. Fixo a súa declaración en galego.
Ata a í todo normal.
O que non o foi foi o que sucedeu despois: a xuíz considerou preciso traducir a declaración. Houbo que chamar a un traductor xurado e o proceso durou CINCO HORAS!!!!
Velaí como a nosa lingua é tratado, unha vez máis, coma unha lingua extranxeira nohttp://www.blogger.com/img/blank.gif seu territorio.
Para pensar... e actuar.
Deixovos a ligazón ó xornal
22.11.11
A lingua sabe a pan
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan.
Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
10.5.11
Lois en video. Biografía
LoisPereiro1_Intro
Outro video narrando a vida do poeta.View more presentations or Upload your own.
Esta vez desde o IES Concepción Arenal de Ferrol.
O certo é que a figura deste poeta inconformista e marxinal está dando moito xogo.
Eu, teño que recoñecer que, si ben me alegrei enormemmente cando lle adxudicaron a celebración, tamén pensei que desde a escola Primaria sería de difícil encaixe polas características dos seus poemas.
E equivoqueime. É posible tratar estes poemas duros, amargos, desalentados, emotivos, dolorosos nas aulas... É posible porque Lois é unha figura moi, moi actual. Os rapaces sínteno próximo, cercano, real.
A grande aportación deste ano é precisamente esa: quitarlle ó Día das Letras ese tufillo de naftalina, de pasado, de mausoleo respectable.
Lois é... ¡outra cousa!
Lois é o presente.
Despois de ver esa introducción, das mesmas autores podedes seguir por:
Monforte
Madrid
Coruña 1
Coruña 2
Despois, segue achegándote a Lois cos materiais da páxina que nós mesmos preparamos.
8.5.11
Audiobiografía de Lois
Para ir coñecendo a este poeta raro, punk, que nunca soñou con seren celebrado nun Día das Letras, aí queda a audiobiografía elaborada por Mar Sueiro.
O debuxo é da Casa do Aquel
Este e os outros materiais que seleccionamos para traballar ó poeta están nesta páxina
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




