Bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
16.5.19
15.5.19
Biografía de Fraguas
Esta é a nova achega do IES San Paio de Tui autores tamén da liña do tempo que publicamos hai uns días.
Para saber máis sobre D. Antonio, eles recuperan o seu patronímico: Antonio de nsuela.
E ti sabes o patronímico da túa familia?
13.5.19
Pasapalabra
Desde o CEIP A Ponte, de Lugo, achégannos este xogo para ver canto aprendimos sobre Fraguas. Animádesvos?
9.5.19
Telexornal Antón Fraguas
Como xa ven sendo tradicional, o CPI Plurilingue dos Dices (Rois- A Coruña), achégannos o seu telexornal sobre a figura de Antón Fraguas
6.5.19
Biografía
Desde a biblioteca Saturnino Hermida, do IES Concepción Arenal de Ferrol achégannos este video sobre a figura de Antón Fraguas.
25.4.19
Casamento da pulga. Pictogramas
O Casamento da Pulga foi un conto recollido por Antón Fraguas no seu Cancioneiro de Cotobade.
Aqui preséntase con pictogramas.
Na biblioteca temos varias versións impresas do mesmo conto.
2.4.19
Materiais Seminario Galán
Xa temos á nosa disposición os materiais do Seminario Galán.
Agradecemos ás compañeiras e compañeiros que traballan para ofrecérnolos.
Coma cada ano, temos:
Documentos para imprimir
Actividades en liña
Álbum de fotos
Todo elo de 4º de Ed. Infantil a 6º de primaria
Agradecemos ás compañeiras e compañeiros que traballan para ofrecérnolos.
Coma cada ano, temos:
Documentos para imprimir
Actividades en liña
Álbum de fotos
Todo elo de 4º de Ed. Infantil a 6º de primaria
28.2.19
Moito nos presta Rosalía e a súa poesía! Os nenos e nenas 3º e 4º de
primaria rendiron homenaxe á unha das nosas escritoras máis celebres: Rosalía
de Castro co gallo do aniversario do seu
nacemento.
Nesta ocasión recitamos fragmentos de poemas da autora nos
que fai algunha referencia ao mar e
fixemos un mural dun fondo mariño.
Como remate baixamos a recoller uns agasallos: un libro en
galego e unha rosa de papel (proposta da AELG)
21.6.18
13.6.18
3.5.18
17.4.18
Semniario Galán
Tamén o Seminario Galán, coma cada ano, achega os seus materiais para coñecer mellor a vida e obra de Mª Victoria Moreno e tamén a historia desta celebración coa que cada 17 de maio lembramos e celebramos que somos un país con lingua propia.
Primavera das Letras
A Real Academia das Letras pon ao noso dispor este sitio web no que reune materiais sobre Mª Victoria Moreno.
26.2.18
6.10.17
Visitas: Xurxo Alfeirán
O vindeiro martes día 10 imos recibir ao profesor Xurxo Alfeirán para falarnos do pasado baleeiro de Malpica.
A actividade está enmarcada dentro do noso primeiro trimestre de traballo:
O mar que foi...
do Proxecto Documental Integrado do presente curso:
A actividade está enmarcada dentro do noso primeiro trimestre de traballo:
O mar que foi...
do Proxecto Documental Integrado do presente curso:
O mar que nos dá...
Falará para todos os cursos repartidos en dous grupos.
Xa estamos impacientes por escoitalo.
5.10.17
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














