Bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
27.5.16
25.5.16
13.5.16
O galo
Esta é a nosa pequena homenaxe a Manuel María polas Letras Galegas. Co seu poema de "O galo" e a música de Pirilampo, xa que esta canción está recollida no seu novo traballo Teatro de Guiñol, quixemos facer a nosa propia versión participando todos os alumnos, alumnas, mestres e mestras do centro.
12.5.16
Os soños na gaiola
Quixemos render homenaxe a Manuel María e a súa obra, especialmente con Os soños na gaiola elaborando esta exposición con libros do autor pero tamén representando o amor que sentía o poeta pola natureza, polo que pedimos a cada escolar que fixese un paxaro en papel, que xunto co carballo e a gaiola que nos agasallaron, quedounos unha exposición ben colorida.
5.5.16
A palabra estremecida e alertada
Premendo na imaxe teredes acceso á videoteca da AELG . Neste video podemos escoitar a Manuel María recitando poemas de seu.
3.5.16
25.4.16
Apadriñamento lector
Dia do Libro 2016 from bemilladoiro on Vimeo.
Un ano máis celebramos o Día do Libro deste xeito que tanto nos gusta. Xa é un clásico e vemos como a iniciativa exténdese cada vez a máis centros educativos. As imaxes de nenos e nenas léndolle historias a outros máis pequenos son sempre enternecedoras. Este ano, e na honra de Manuel María, todos os libros seleccionados son de poesía: historias poéticas, contos encadeados...

Etiquetas:
Día do libro,
Letras Galegas,
Mes das letras
12.4.16
Manuel María: as aves
Documento elaborado pola Casa Museo Manuel María e que nós convertimos a este formato para que vos sexa máis doado de utilizar.
5.4.16
Actividades Seminario Galán
Xa están aquí!
Un ano máis os compañeiros/as do Seminario Galán achégannos materiais para achegarnos á figura do autor homenaxeado o Día das Letras que, como sabedes, este ano é Manuel María.
Premendo sobre a imaxe pódese acceder ás diferentes propostas con indicación do nivel para o que están adaptadas.
Preme sobre a imaxe, ou sobre o vínculo e poderás ver as diferentes propostas.
Agora ... a traballar!
Preme sobre a imaxe, ou sobre o vínculo e poderás ver as diferentes propostas.
Agora ... a traballar!
7.3.16
Día de Rosalía 2016
Día de Rosalía 2016 from bemilladoiro on Vimeo.
O CEIP Milladoiro sumámonos á actividade proposta pola AELG co gallo do Día de Rosalía. Cada escolar elaborou a súa postal a partires dun poema da nosa autora máis universal.
O CEIP Milladoiro sumámonos á actividade proposta pola AELG co gallo do Día de Rosalía. Cada escolar elaborou a súa postal a partires dun poema da nosa autora máis universal.
17.2.16
12.2.16
Un entroido cheo de artistas
Entroido 2016 from bemilladoiro on Vimeo.
Entroido 2016 from bemilladoiro on Vimeo.
O colexio Milladoiro está cheo de artistas e senon comprobádeo nesta presentación. O tempo permitíunos facer un desfile polo pobo lucindo os nosos disfraces. Na praia queimamos e despedimos o Farruco e de volta puxémonos as botas comendo os doces típicos do Entroido.
Foi un día estupendo!!!!

2.2.16
O Antroideiro.
26.1.16
Semana da Paz
O 30 de xaneiro conmémorase mundialmente o Día Escolar da non Violencia e a Paz. No CEIP Milladoiro temos previsto levar a cabo ao longo da semana unha serie de actividades que podedes ver se premedes na imaxe desta pomba da paz pintada por Pablo Picasso.
13.1.16
Entroido tradicional galego
Canto sabes do entroido tradicional?
Queres aprender máis cousas?
Preme sobre a imaxe e xoga con este LIM que nos chega desde o CEIP Mestres Goldar de Vigo
Idioma meu
O alumnado de 4º da ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, interpretan este poema de Manuel María musicado pola súa profe de Música Susana Tenreiro
16.12.15
Recursos para o Nadal
Preme na imaxe e poderás acceder á páxina de recursos da Coordinadora Galega de Equipos de Nromalización e Dinamización Linguística cun feixe de cousas: cancións, contos, cartas aos Reis...
15.12.15
O NADAL XA ESTÁ AQUÍ!!!
Xa está aquí, xa chegou. Estamos impacientes por recibir a Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai. Este venres 18 de Nadal todos os nenos e nenas do colexio Milladoiro cantaremos e bailaremos coa súa música. De seguro que un dos temas que interpretará será este do Apalpador. Remataremos a festa cunha gran chocolatada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)