5.4.16

Actividades Seminario Galán

http://seminariogalan.org/inicio/portada
Xa están aquí! Un ano máis os compañeiros/as do Seminario Galán achégannos materiais para achegarnos á figura do autor homenaxeado o Día das Letras que, como sabedes, este ano é Manuel María. Premendo sobre a imaxe pódese acceder ás diferentes propostas con indicación do nivel para o que están adaptadas.
Preme sobre a imaxe, ou sobre o vínculo e poderás ver as diferentes propostas.
Agora ... a traballar!

7.3.16

Día de Rosalía 2016

Día de Rosalía 2016 from bemilladoiro on Vimeo.

O CEIP Milladoiro sumámonos á actividade proposta pola AELG co gallo do Día de Rosalía. Cada escolar elaborou a súa postal a partires dun poema da nosa autora máis universal. 

17.2.16

Rosalía

http://axendaaelg.blogaliza.org/2016/02/17/mobiliza-rosalia-no-dia-de-rosalia-de-castro/

Un ano máis queremos homenaxear a nosa gran Rosalía elaborando un mural entre todos e todas e participando na actividade proposta pola AELG.
 Preme na imaxe para máis información.

12.2.16

Un entroido cheo de artistas

Entroido 2016 from bemilladoiro on Vimeo.
Entroido 2016 from bemilladoiro on Vimeo.

O colexio Milladoiro está cheo de artistas e senon comprobádeo nesta presentación. O tempo permitíunos facer un desfile polo pobo lucindo os nosos disfraces. Na praia queimamos e despedimos o Farruco e de volta  puxémonos as botas comendo os doces típicos do Entroido.
Foi un día estupendo!!!!

2.2.16

O Antroideiro.

O noso benquerido Paco Nogueiras preséntanos neste tema a un trasno singular co que nos podemos atopar nestas datas tan especiais. Para aprender un chisquiño máis sobre o Entroido/Antroido na cultura galega podemos visitar a web da CGEDNL

26.1.16

Semana da Paz

https://drive.google.com/file/d/0B73AV4RjAotSdzJSRFI4LVM5eEU/view?usp=sharing

O 30 de xaneiro conmémorase mundialmente o Día Escolar da non Violencia e a Paz. No CEIP Milladoiro temos previsto levar a cabo ao longo da semana unha serie de actividades que podedes ver se premedes na imaxe desta pomba da paz pintada por Pablo Picasso.  

13.1.16

Entroido tradicional galego

https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim
Canto sabes do entroido tradicional? Queres aprender máis cousas? Preme sobre a imaxe e xoga con este LIM que nos chega desde o CEIP Mestres Goldar de Vigo

Idioma meu

O alumnado de 4º da ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, interpretan este poema de Manuel María musicado pola súa profe de Música Susana Tenreiro

16.12.15

Recursos para o Nadal

http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php

Preme na imaxe e poderás acceder á páxina de recursos da Coordinadora Galega de Equipos de Nromalización e Dinamización Linguística cun feixe de cousas: cancións, contos, cartas aos Reis...

15.12.15

O NADAL XA ESTÁ AQUÍ!!!

Xa está aquí, xa chegou. Estamos impacientes por recibir a Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai. Este venres 18 de Nadal todos os nenos e nenas do colexio Milladoiro cantaremos e bailaremos coa súa música. De seguro que un dos temas que interpretará será este do Apalpador. Remataremos a festa cunha gran chocolatada.

27.11.15

ATA SEMPRE NEIRA VILAS

Galiza e a lingua galega están de loito. O mestre Xosé Neira Vilas decidiu irse na procura de Anisia, o seu gran amor. Boa viaxe Sr. Pepe. Inmensamente agradecidos polo gran legado que nos deixa!D.E.P
 A imaxe procede de AQUÍ

3.11.15

MAGOSTO

Magosto 2015 from bemilladoiro on Vimeo.

Un ano máis, celebramos o magosto cunha gran festa: comendo castañas asadas, cantando as cancións que aprendemos e, coma de costume, rematamos coa "batalla da borralla". Foi unha xornada moi divertida!!!

2.11.15

VI Semana das Lecturas Terroríficas

Un ano máis, e xa van seis, celebramos a Semana das Lecturas Terroríficas. Cada curso que así o desexa, prepara unha lectura dramatizada a partir dalgún dos libros de medo que temos na Biblioteca escolar. Este curso repetimos O Grúfalo e as Adiviñas monstruosas, contouse por promeira vez A bruxa regañadentes, O Sr. Ramón e a Sr. Ramona e Carabuñas, cantou se O espantallo e O Samaín e ata tivemos uns autores e autoras que nos leron os seus propios poemas sobre as Cores do Samaín. Unha gozada que agardamos repetir o vindeiro ano.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS TALLADAS

Foron moitas as actividades que desenvolvimos a semana pasada con motivo da celebración do Samaín. Entre elas. o concurso exposición de cabazas: terroríficas, simpáticas, actuais, fantásticas... Unha actividade que comparten as familias e que sempre nos sorprende.

19.10.15

16.10.15

Ditos e refrans de outono

REFRÁNS DO OUTONO from bemilladoiro on Vimeo.

Os nenos e nenas de 6º prepararon este traballo sobre os ditos e refráns relacionados coa estación que comeza. Dá xenio velos!

10.9.15

BENVIDA

Benvidos/as ao curso 2015/2016!!!
Iniciamos unha nova etapa escolar cheos de ledicia e ilusión. Recibímola escoitando este tema de Paco Nogueiras do disco Brinca Vai, que tanto nos gusta no CEIP Milladoiro. 

3,2,1...COMEZAMOS!!!