Bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. "Galicia somos NÓS: / a xente e máis a fala / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala!" Manuel María
25.3.15
Ollos de aula. Nº 20
No presente número da revista editada pola CGEDLG, a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; mentres que a pregunta desta entrega se centra en “Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?”.
Coma sempre, Gracia Santórum presenta interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso “bolígrafo vermello”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario