19.12.09

Feliz 2010

Para ti,
para os teus,
para a nosa lingua.

12.12.09

Samaín

Xa pasou e tendes a reportaxe no blog da biblio pero... por se alguén non andivo fino..¡aí está de novo!

17.5.09

Digocho Eu!!!

De Digocho eu

Cada ano, o ENL organiza a publicación da nosa revista anual.
Con motivo da celebración das Nosas Letras, todo o cole se pon en marcha para plasmar no Digocho Eu unha panorámica do que facemos durante todo o ano aula a aula, servizo a servizo. Todos e todas esmerámonos en publicar o millor do noso traballo.
Previamente organízase un concurso entre todo o alumnado para debuxar a que será a portada desa edición.
Eiquí queda unha mostra do que foron as portadas de tódolos anos xunto cos carteis conmemorativos que, tamén cada ano, a Biblioteca preparou para seren distribuidos polas aulas e achegar a figura dos homenaxeado/a de turno ós nenos e nenas.
Tamén se poden ver os antecedentes da revista actual. Como podedes ver, paseamos desde a edición en multicopista e clichés ate a modernidade do offset.
Un longo camiño que esperamos dure moitos moitos anos máis.

10.5.09

Deitado frente ó mar

Os compañeiros do EDNL do Ceip Mestre Martinez Alonso de Mos, achégannos o enlace a esta canción do grupo Dios ke te crew. Trátase dun poema de Celso Emilio Ferreiro, importantísimo autor das nosas letras que morreu en 1979 e ten a cualidade de que a súa obra é rabiosamente actual e moderna. Mira, senon, este poema.

DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

7.4.09

Palabras encadeadas

Na páxina da SXPL topamos con este xogo que será moi divertido se o facedes en grupo.
ATENCIÓN: non valerán palabras noutros idiomas.
¡A xogar!

17.3.09

Mapa sociolinguístico de Galicia



Se queres saber máis, pasa por alí.

15.3.09

Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización



Enteráronse da nosa existencia. E o Planeta, integrounos axiña!!!


Así foi como soupemos da existencia desta páxina que nace pola iniciativa do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis.Actualízana constantemente, incorporando nese espazo tódolos artigos de sitios web relacionados coa normalización e a dinamización.



Agora, o Milladoiro tamén forma parte dese planeta, grazas á xenerosidade de quenes fan este estupendo traballo.

Son de Poetas

A través de Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística, descubrimos esta interesantísima ferramenta, nacida do ENL do IES David Buján de Cambre.
Trátase de Son de Poetas, antoloxía da poesía galega musicada.
Un blog no que podemos escoitar poemas cantados, deses que forman parte de discografías que nos gustan, que queremos mostrar ós nosos alumnos e alumnas... e que non sempre topamos con facilidade.
Pois ben: aí están. Reunidos. E dispostos cronoñóxicamente.
Desde Alfonso X, ata Álvarez Blázquez, Novo Neira...
Noraboa pola iniciativa e... GRAZAS.
Aquí, un poema, aquí unha canción:

17.2.09

Árbores de Nadal

No tempo do Nadal propuxemos ós nenos e nenas que adornaran a súa propia ÁRBORE DE NADAL. proporcionámoslles unha plantilla que levaron para a casa e.... a actividade convertiuse nunha tarefa familiar.

¡Daba gusto ver a escola chea de obras de arte!

Habíaos de gominolas, de botóns, de pasta, de legumes, de musgo, de retais....
Aí vos queda unha pequenísima mostra de tanta marabilla.

12.2.09

Digocho Eu

Este é o nome da nosa revista, que, co actual formato, vense facendo no centro dende 1998.

Anteriormente, chamábase Malante e facíase con formato de xornal (e a multicopista!!!)

Sempre se editou un número anual, no mes das Letras.
Eiquí tendes unha mostra das portadas de varios anos que se escollían mediante concurso entre as que facían tódolos rapaces e rapazas do cole.