"Polas fillas dos nosos fillos" é o lema co que a Plataforma QUEREMOS GALEGO convoca á manifestación o vindeiro 8 de febreiro polo futuro da nosa lingua.
Se premedes na imaxe poderedes ler o manifesto de apoio a esta mobilización
Este é o espazo do ENL do Ceip. Milladoiro de Malpica. Nel iremos dando conta do noso traballo encol da normalización linguística... e as cousas que lle andan darredor.
22.1.15
16.1.15
DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Temos moi pretiño xa o 30 de xaneiro, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, polo que vos deixo estas ligazóns onde atoparedes unha variedade de recursos didácticos relacionados con esta temática e que podedes traballar nas aulas co voso alumnado.
Nese día, confeccionaremos un grande e fermoso arco da vella entre todo o alumnado e aprenderemos esta canción recollida no último traballo musical de Paco Nogueiras, que leva por título Brinca Vai! e está editado por Kalandraka.
Coma de costume, dende BEMILLADOIRO prepararannos unha exposición de libros que poderemos consultar na entrada da biblio.
Etiquetas:
Galicia,
Malpica de Bergantiños,
Milladoiro,
Paz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)