22.2.10

Orgullos@s do noso



A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística, ven de pór en marcha esta iniciativa: un espazo web no que amosar o orgullo que sentimos do NOSO, da NOSA LINGUA, da NOSA CULTURA.
Preteden facer del un ditio no que se eshiban todo tipo de materiais para seren espallados, copiados, distribuidos...todos coa finalidade de amosar o ORGULLO que sentimos de seren galegos e galegas e teren unha lingua propia.
Con frecuencia, con demasiada frecuencia, escoitamos iso de "o problema do Galego" nunha expresión que retrata a quen a usa: efectivamente hai persoas (tamén galegos e galegas) para quenes a Lingua propia é un PROBLEMA, que se sentirían moito millor se ESO non existise.
Ben. Así será para algúns.
Nós, en cambio, pensamos que a Lingua é
unha riqueza,
un tesouro e
un sinal de identidade.
Que a Lingua enriquece a quen a ten. Que non é un asunto individual. E que un pobo que ten unha Lingua ten, tamén, a obriga de coidala, transmitila e facela medrar.

7.2.10

Carta a Anxo Lourenzo

Este blog súmase á cadea de difusión da carta que lle envían ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, os ENDL galardoados nos Premios á Innovación en Normalización Lingüística por considerar que coas súas palabras son voceiro fiel do sentir das personas integrantes dos ENDL de toda Galicia.

Señor secretario xeral de Política Lingüística:
Reclamamos a súa atención para unhas breves consideracións que queremos transmitir ao goberno galego e que recollen o noso sentir unánime. O sentido da responsabilidade e o respecto que nos merece a súa persoal traxectoria docente e investigadora serán o contrapeso que nos permita conseguir continencia verbal á hora de lle expresar o noso malestar.
Aínda que para vostede non sexa agradábel escoitar as nosas queixas –e tampouco para nós formulalas-, temos a obriga moral de transmitirllas aquí e agora. Coa máxima cordialidade e co máximo respecto, nesta que debería ser xornada de xúbilo, temos que alzar a nosa voz para clamar contra a involución manifesta (redución do número de premios; dotación económica testemuñal; cambios regresivos na convocatoria de axudas para os equipos de normalización; actitude de desprezo polo patrimonio literario por parte do conselleiro do ramo; e, como colofón, as chamadas Bases do Decreto do Plurilingüismo).
A que era tenue e incipiente normalización nos centros foi posíbel grazas á implicación de profesoras e profesores comprometidos, ás veces para o alumnado os únicos referentes de uso do galego en todos os ámbitos. Con que fin pretenden que este profesorado teña que renunciar á docencia vertebradora? Cal é o fin de que se pretenda responsabilizar do ensino en galego a determinadas persoas sen competencia nin motivación para esta encomenda? A mellor garantía da presenza normalizada do galego no ensino é o profesorado que leva varios anos desenvolvendo en galego a docencia e a vida. Mais este histórico contributo de recuperación da identidade colectiva será cercenado polo marco legal proposto, que acentúa os comportamentos diglósicos e nega a posibilidade de ofrecer ao alumnado modelos de usos lingüísticos normalizados.
Por todo o exposto, os representantes aquí presentes dos Equipos de Normalización Lingüística que están a desenvolver en colexios e institutos proxectos cuxa calidade ten sido recoñecida nos premios de innovación convocados pola Secretaría que vostede dirixe solicitámoslle a retirada destas bases e o mantemento do Decreto en vigor, o que desenvolve as medidas consensuadas no Plan de Normalización da Lingua Galega e o máis axeitado para poder cumprir a tarefa que a propia administración educativa nos encomendou: promover o galego para normalizar o seu uso entre a comunidade educativa, asentando así as bases dun ensino plurilingüe.
Asdo.:
Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010
Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do
CEIP Aguiño (Ribeira), CEIP A Gándara (Carballo), CEIP A Pedra (Bueu), CEIP Bergantiños (Carballo), CEIP Quintela (Moaña) IES Menéndez Pidal (A Coruña), IES Sardiñeira (A Coruña), IES Félix Muriel (Rianxo), IES Perdouro (Burela), IES Rodeira (Cangas) e IES de Porto do Son (Porto do Son).

Vía A Profa

55 mentiras sobre a Lingua Galega


O venres 5 de Febreiro, a Plataforma PROLINGUA presentou a súa primeira publicación: 55mentiras sobre a Lingu aGalega.
A presentación levouse a cabo simuntáneamente en 70 vilas e dicades galegas e do resto do mundo (Ponferrada, Madrid, Barcelona, Vitoria/Gasteiz e Trintxerpe- e no estranxeiro – Tübingen, Buenos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas, Copenhague...)
En Carballo foi no Pazo da Cultura ás 20:00 e correu a cargo de Xan Fraga e Xan Fdez. Carrera.
A piblicación pretende ser un argumentario sólido, rigoroso e sinxelo para o conxunto da sociedade galega, para poder respostar a e comprender qeu determinadas valoracións sobre a Lingua, o seu uso, a súa valoración social...que damos por boas cando en realidade non o son.
A publicación era necesaria. E xa a temos.
Agora, haberá que difundila.
Deixovos un aperitivo:

4.2.10

Almanaque Novoneyra


Os compañeiros do Equipo de Biblioteca do Ceip. Luis Días Moreno de Baralla (Lugo) prepararom este almanaque adicado ó poeta Uxío Novoneyra, a quen este ano celebramos especialmente ó adicarlle o Día das Letras.

2.2.10

Uxío Novoneyra e a PAZ

Vía a Biblioteca do IES San Paio, achegámosvos este poema dito, recitado, cantado... polo poeta Uxío Novoneyra a quen, como sabedes, se lle adica este ano a festa das nosas Letras.