29.4.11

Lingua minoritaria?


Gustoume esta montaxe sobre o idioma.
Porque, ás veces, damos por bos argumentos que non osn certos.
Canto me gustan as Matemáticas!
Entre outras cousas porque confiamos nos números. E, os números... non son nada inocentes.

O dito: aí queda por se a alguén lle cómpren argumentos.

28.4.11

Eu falo galego


Velaí o traballo co que o IES Fontealbei gañou o concurso de video Correlingua 2011.
Parabéns a eses rapaces e rapazas que son conscientes da súa cultura, do seu patrimonio e da súa identidades.
A que xa extás a pensar por que o falas ti?

14.4.11

Páxina de recursos sobre Lois Pereiro


Xa podedes usar a páxina que fixemos no Equipo de Biblioteca con recursos en liña para traballar a figura de Lois Pereiro.
Xa sabes algo del?
Queres saber algo máis?
Pois...adiante!