20.12.12

Recitando a Celso Emilio



Velaí, por fin, as imaxes da homenaxe que rendimos o pasado día 12 ao poeta Celso Emilio Ferreiro do que este ano celebrouse o centenario do seu nacemento. Foi unha iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización Linguística que secundamos gostosamente. Xunto con nós fixérono tamén máis de 200 centros en toda Galicia con maís de 30.000 rapoaces e rapazas implicados que, o memso día á mesma hora berraron alto e claro:



eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo...

O poema acordado (Deitado frente ao mar)recitárono oito nenos e nenas de 4º a 6º. Os demáis cursos tiñan o seu propio poema que tamén nos "contaron" no acto. Ao final, repartimos uns pasquíns coa letra e volvimos dicilo todos xuntos. Uns días antes fixeramos este cadernocos poemas seleccionados. Estes poemas quedarán nas súas memorias. Seguro!

10.12.12

Eu falo galego porque...

Mirade que atopei: Sin- Chan homenaxeando a Celso Emilio!!!

9.12.12

Guia de Nadal



Vealí as nosas recomendacións para escribirlle a carta aos Reis este Nadal.