26.4.17

Apadriñamento lector

Con esta actividade que tanto nos gusta, damos comezo ao noso Mes das Letras.
Os maiores adoptan o papel de padriños e madriñas e os pequenos de afillados/as.
En días anteriores, padriños e madriñas van ás aulas dos afillados presentarse e manter unha conversa lectora (se lles gusta ler, que libros prefiren...)
Posteriormente, escollen para eles/as un libro, de entre os fondos da biblioteca escolar, coa esperanza de que lle guste moito.
Este ano, como novidade, todos elaboraron un marcapáxinas que se intercambiaron na celebración. Usamos para a actividade o tempo da Hora de Ler.
Cada curso vemos escenas que nos emocionan.
Dia do libro from bemilladoiro on Vimeo.

21.4.17

Dia do libro 2017

Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.