17.2.09

Árbores de Nadal

No tempo do Nadal propuxemos ós nenos e nenas que adornaran a súa propia ÁRBORE DE NADAL. proporcionámoslles unha plantilla que levaron para a casa e.... a actividade convertiuse nunha tarefa familiar.

¡Daba gusto ver a escola chea de obras de arte!

Habíaos de gominolas, de botóns, de pasta, de legumes, de musgo, de retais....
Aí vos queda unha pequenísima mostra de tanta marabilla.

12.2.09

DígochoEu!

Este é o nome da nosa revista, que, co actual formato, vense facendo no centro dende 1992. 

Anteriormente, chamábase Malante e facíase con formato de xornal (e a multicopista!!!) 

Sempre se editou un número anual, no mes das Letras. Eiquí tendes unha mostra das portadas de varios anos que se escollían mediante concurso entre as que facían tódolos rapaces e rapazas do cole.