10.3.17

Botero: a muller na súa obra




BOTERO2 from Sandra on Vimeo.

Viki Rivadulla. Biografía

Biografia Viki Rivadulla_2017 from bemilladoiro on Vimeo.

O alumnado de 1º de primaria, coa súa profe Fátima Romero, agasalláronnos esta presentación coa biografía da pintora muxiá Viki Ribadulla. Unha fermosura!

9.3.17

Maruja Mallo

Presentamos parte do traballo elaborado polo alumnado de 6º de Primaria encol da figura de Maruja Mallo. O traballo está insertado no noso PDI sobre pintura e pintores, así coma na celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.

8.3.17

A muller traballadora na obra de Luis Seoane


 Traballo realizado polo alumnado de 5ºA co gallo do Dia Internacional da Muller

Este caderno recolle os textos que o alumnado preparou para cada unha das diapositivas.

22.2.17

Dia de Rosalía


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fai público o seu manifesto do Día de Rosalía de Castro de 2017, que foi encomendado a Ledicia Costas, quen foi tamén a encargada de darlle lectura o domingo 19 de febreiro, no acto central co que a AELG conmemorou a data de nacemento da nosa autora no Panteón de Galegos Ilustres.
(preme na imaxe)

26.12.16

O Libro dos Reis Magos

Presentamos este fermoso libro da Rede de Dinamización Lingüística que inclúe diferentes textos en lingua galega, elaborados por 25 escritoras sobre a figura dos Reis Magos.

25.12.16

21.12.16

Agustín


Rematamos o ano emocionados ao escoitar a voz de Agustín nun traballo feito polo IES Laxeiro a quen agradecemos o documento.

20.12.16

Bo Nadal

O EDLG do CEIP Milladoiro de Malpica deséxavos un bo nadal e unhas moi felices vacacións

17.11.16

OUTONO FOTOGRÁFICO


Así de vistoso luce o noso mural do outono fotográfico. Pedíoselle aos escolares que fixesen unha fotografía que reflectise a beleza e variedade paisaxística do outono. Son uns/unhas artistas!!  

6.11.16

Comunicado da Coordinadora Galega de ENDL

A CGENDL  ven de facer público un comunicado no que informa do seu peche, aprobado en Asamblea, dado que non se presentou ningunha candidatura para renovar o consello directivo. A súa páxina web estará activa ata decembro do 2017.
O ENDL do CEIP Milladoiro lamentamos esta nova e agradecemos o gran traballo realizado pola coordinadora dende os seus comezos, en prol da nosa lingua. 
Para leres o comunicado preme na imaxe

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php

20.10.16

Recursos para o Samaín


Leer más publicaciones en Calaméo

Aquí tendes as unidades didácticas para traballar no Samaín 

31.5.16

Empanadillas poéticas


Parecen empanadillas, verdade? Pero non son unhas empanadillas calquera. Non. Son empanadillas poéticas! 
Dentro, levan un poema de Manuel María que cada un terá que descubrir e ilustralo. Estes rapaciños de cinco anos son uns artistas

Xurxo Alfeirán e Urbano Lugrís

Xurxo Alfeiran from bemilladoiro on Vimeo.

Visitounos o mestre Xurxo Alfeirán para compartir con nós os seus coñecementos sobre a figura do pintor Urbano Lugrís e a súa estadía en Malpica

30.5.16

As redes de Inés

As redes de Ines from bemilladoiro on Vimeo.

Nenos e nenas de 1º ilustraron este fermoso texto de Elvira Riveiro O resultado é delicioso!

13.5.16

O galo

Esta é a nosa pequena homenaxe a Manuel María polas Letras Galegas. Co seu poema de "O galo" e a música de Pirilampo, xa que esta canción está recollida no seu novo traballo Teatro de Guiñol, quixemos facer a nosa propia versión participando todos os alumnos, alumnas, mestres e mestras do centro.


12.5.16

Os soños na gaiola

 Quixemos render homenaxe a Manuel María e a súa obra, especialmente con Os soños na gaiola elaborando esta exposición con libros do autor pero tamén representando o amor que sentía o poeta pola natureza, polo que pedimos a cada escolar que fixese un paxaro en papel, que xunto co carballo e a gaiola que nos agasallaron, quedounos unha exposición ben colorida.

5.5.16

A palabra estremecida e alertada


Premendo na imaxe teredes acceso á videoteca da AELG . Neste video podemos escoitar a Manuel María recitando poemas de seu.