11.12.10

Contoplanet

O día 5 deste mes comezou a estar dispoñible na AppStore a aplicación Contoplanet que supón a posibilidade de descargar cinco contos en galego do catálogo da Editorial Galaxia para iPad e iPhone.

O arranque ten sido realmente espectacular, pois durante a ponte da Constitución, a aplicación xa fora descargada en máis de trinta e cinco países, sendo o estado español e os Estados Unidos, onde máis se producira a descarga do conto de Fina Casalderrey, Puag, que noxo!’ polo de agora único conto dispoñible aínda que, cada dúas semanas, irá subíndose outro ata completar os cinco primeiros desta foranda.

Os datos referidos á ponte da Constitución, amosaron que a aplicación foi descargada nas primeiras horas máis de 500 veces colocándose na AppStore española no ‘top 2o’ na categoría de libros, ademáis de ter sido mencionados como “contido novo digno de destacar” polos xestores da store. Sen dúbida, un arranque espectacular para un produto editorial que leva o galego ao século XXI.

Máis

No hay comentarios: