No tempo do Nadal propuxemos ós nenos e nenas que adornaran a súa propia ÁRBORE DE NADAL. proporcionámoslles unha plantilla que levaron para a casa e.... a actividade convertiuse nunha tarefa familiar.
¡Daba gusto ver a escola chea de obras de arte!
Habíaos de gominolas, de botóns, de pasta, de legumes, de musgo, de retais....
Aí vos queda unha pequenísima mostra de tanta marabilla.
4 comentarios:
As árbores máis máxicas que vin na miña vida. Seguro que a venda de "vulgares" adornos navideños baixou espectacularmente. simplemente xenial, Dígochoeu!.
Charo: apunta no teu curriculum ter a honra de ter posto o primeiro comentario neste blog.
Cariñosa, coma sempre.
Grazas.
O Nadal sería distinto... se o fixeran os nenos e nenas.
Ola
Quedades agregado ao Planeta ENDL, unha xanela na rede que quere servir de canle de contacto e proxección dos ENDL dos centros escolares galegos.
Román Cerqueiro Landín
ENDL do CPI don Aurelio de Cuntis
http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos/index.php?cod=57217
Publicar un comentario