17.11.16

OUTONO FOTOGRÁFICO


Así de vistoso luce o noso mural do outono fotográfico. Pedíoselle aos escolares que fixesen unha fotografía que reflectise a beleza e variedade paisaxística do outono. Son uns/unhas artistas!!  

6.11.16

Comunicado da Coordinadora Galega de ENDL

A CGENDL  ven de facer público un comunicado no que informa do seu peche, aprobado en Asamblea, dado que non se presentou ningunha candidatura para renovar o consello directivo. A súa páxina web estará activa ata decembro do 2017.
O ENDL do CEIP Milladoiro lamentamos esta nova e agradecemos o gran traballo realizado pola coordinadora dende os seus comezos, en prol da nosa lingua. 
Para leres o comunicado preme na imaxe

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php