30.11.12

Apàlpador IV. Cancións

Do CEIP Figueroa: Do CEIP San Xoan de Filgueira:

APALPADOR III

Este é o LIM que prepararon no CEIP Outeiro das Penas en Cesantes (Redondela) PREME sobre a imaxe e, despois de ler o conto que xa publicamos, comeza a xogar. SORTEEEEEEEE!!!!

Apalpador II. Manualidades

Hoxe toca manualidades. Vouvos deixar os enlaces para descargar un monicreque, un recortable e unhas tarxetiñas. Estas últimas son do blog dalleuncoliño e os primeiros, da Fundación Artabria.
Velaí:
  1. monicreque 
  2. recortable 
  3. tarxetas 
Esperamos que vos divirtades facéndoas.

28.11.12

Apalpador I

Está a chegar o Nadal e nós queremos seguir achegándovos a figura do Apalpador. Hoxe deixovos o conto e en días sucesivos ireivos deixando cancións, manualidades, xogos... Ide escoitando

26.11.12

Homenaxe a Celso Emilio

Deitado frente ao mar A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística lanzou hai un tempiño unha proposta aos centros para rematar o "ano Celso Emilio Ferreiro", no que se cumpren os cen anos do nacemento do poeta de Celanova. Segundo esta iniciativa, o día 12 do 12 ás 12, os centros que se sumen a ela lembrarán o poeta recitando un dos seus textos máis coñecidos, tamén máis actual na súa mensaxe: Deitado frente ao mar. Desde o IES As Barxas (Moaña, Pontevedra) colaboran ademais cun vídeo para a promoción desta iniciativa, que dá conta do nivel que acadan as producións audiovisuais que se están a facer nos centros.

22.11.12

Sentencia tardía



O TSXG bota embaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego no ensino, así o di na sentencia que hoxe se fixo pública sobre o Decreto de Plirilinguismo, que chamou o goberno ou de liquidación da lingua, que foi o que todos entendimos.

A sentencia anula directamente dous artigos: o 5.2 e 12.3.

A MNL, Queremos Galego e CIG ensino están a estudar a fondo o texto para trazar as vindeiras liñas de actuación.

Veremos pois nestes anos perdemos tantos falantes, andivemos tanto atrás que... agora mesmo dubido do posible efecto beneficioso da sentencia.

Veremos. 

Lingua e xuízo

 Imaxe: http://www.efeverde.com
Presidencia inviste 400 mil euros en acondicionar a sala do xuízo do Prestige e ESQUECE o pequeno asunto do idioma: onte o avogado de NUNCA MÁIS non puido falar en galego porque... non estaba previsto! Outro insulto máis: tratados coma extranxeiros na nosa casa.
Non encontrei na rede moit máis información sobre o tema... Será que os xornalistas non o consideran noticia.
Ai! E se foramos Catalunya?